Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Imaxina e Axuda organiza este domingo o evento Fóra de Xogo

REDACCIÓN

A Estrada

Imaxina e Axuda organiza este domingo na Estación Fóra de Xogo, un evento con fondos de Iniciativa Xove, que busca visibilizar e apoiar todo tipo de deportes. A xornada comeza cun almorzo colectivo para que os participantes se coñezan e compartan experiencias. Posteriormente, as actividades inclúen torneos, con premios que nas diversas categorías poden ir desde 25 a 150 euros: Smash Bros (individual e parellas) ás 10.00; Pickleball desde as 10.00, torneo ás 17.00; Magic freeplays ás 10.00, torneo Chaos Draft ás 16.30; Kpop Random Dance 11.00, Kahoot e Bingo Musical 13.00, proxección 15.00, Dance Contest 17.00, Random Dance final 19.00. Tamén haberá charlas: ás 12.00 AJE «Primeiros pasos para emprender», 15.00 sobre Asociacionismo, 17.00 «Xestión de equipos e deporte» por Marcos Gañete.

Tracking Pixel Contents