Silvia Fuentes, galardoada nos Mulleres no Foco
A produtora estradense, premiada pola súa traxectoria, confesa que foi «unha sorpresa»

Silvia Fuentes (esquerda), xunto ás outras premiadas.
A produtora estradense, Silvia Fuentes, viviu este venres unha xornada inesquecible. A súa traxectoria foi recoñecida na quinta edición dos premios «Mulleres no Foco», un certame impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), que busca visibilizar o papel das mulleres no sector audiovisual e crear referentes femininos para as novas xeracións.
«Foi unha sorpresa total, non o esperaba para nada», recoñece Fuentes, aínda emocionada. «É o primeiro ano que son finalista e en ningún momento pensei que fose gañar. Estes premios teñen un xurado que decide entre unhas quince ou dezaseis finalistas, e para min xa era un honor estar entre elas. Así que recibir o premio foi algo inesperado, pero moi bonito», explica ela, que recibiu o galardón xunto á actriz Lucía Veiga e a creadora de videoxogos Beatriz Legerén.
A gala, celebrada o venres en Pontevedra, deixou para os asistentes momentos de emoción e tamén de encontro: «Despois da entrega houbo un momento moi bonito de conversa entre as premiadas, as finalistas e as autoridades. Sentinme moi arroupada», sinala Silvia. Tamén destacou a importancia simbólica e social deste recoñecemento: «Parécenme premios moi necesarios polo labor que fan de visibilizar o traballo das mulleres en diferentes eidos do audiovisual, tamén neses postos que non están diante da pantalla, que ás veces son menos visibles pero igual de importantes».
A produtora subliña que o certame é un esforzo conxunto da Deputación e da asociación CIMA que, ao longo destes cinco anos, logrou poñer en valor a diversidade de profesionais femininas no audiovisual galego. «Cada edición é moi transversal, e este ano, cas diferentes premiadas é un xeito bonito de mostrar a variedade de perfís, e tamén de crear referentes para as rapazas que queiran dedicarse a isto no futuro», indicou.
Fuentes define o momento actual como unha etapa de cambio profundo dentro da produción audiovisual galega: «Sinto que formo parte dunha nova xeración de produtoras que vén cun enfoque diferente. Non é unha gota, é unha ola. Hai moitas mulleres creando, con novas miradas, novas maneiras de producir, e iso dá esperanza».
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Los últimos porteros de Vigo
- «No trato de ser espiritual, para eso ya hay grandes santos»
- La colosal Navidad de Vigo al desnudo: guía completa para disfrutar de sus 12 millones de luces
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- La Policía investiga si la agresión de un compañero de residencia causó la muerte de Encarnita Polo