A ruta de Goza do Ulla entre Gres e Cira deste domingo cobre as 35 prazas
Quedaron fóra outras tantas persoas, polo que se repetirá en breve
REDACCIÓN
O programa Goza do Ulla regresa este domingo, día 19, cunha ruta interpretado entre Vila de Cruces e Silleda, con saída nas Insuas de Gres e chegada á área fluvial de Cira. A actividade conta coas 35 prazas dispoñibles cubertas; á vista do récord de solicitudes (quedaron fóra outras 35 persoas), está previsto reeditar o itinerario no marco dun programa municipal para coñecer o rural silledense.
O percorrido, duns 7 quilómetros, discorrerá paralelo ao río Ulla ata o punto onde conflúe co Deza, coñecido como Xunta dos Ríos, un espazo de gran beleza e valor natural. Trátase dunha andaina interpretada na que os participantes poderán coñecer o valor ambiental e cultural do Ulla ao seu paso por Silleda, amais da importancia deste enclave como punto de encontro entre dous ríos fundamentais para o territorio e unha xornada de ocio.
A saída será ás 9:30 horas, con autobús desde a parada de Silleda, recollendo participantes na Bandeira e con viaxe de regreso ao final do percorrido desde Cira. Aínda que a previsión meteorolóxica indica choiva lixeira, a actividade mantense segundo o previsto. Recoméndase levar calzado cómodo e resistente á auga, así como roupa axeitada á meteoroloxía.
Esta ruta pecha o programa Goza do Ulla 2025, unha iniciativa na que participan vinte concellos galegos e que leva máis dunha década promovendo o turismo sostible e a posta en valor do patrimonio natural e cultural das ribeiras do Ulla. Ao longo do percorrido haberá diferentes paradas con explicacións sobre cuestións culturais, valores ecolóxicos e tradición do territorio.
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Caballero responde a Augas tras la fuga en Eiras: «Quisieron que Vigo se quedara sin agua, es una negligencia»
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Caballero desvela su plan contra la lluvia para el día del encendido de las luces de Navidad de Vigo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Las necesidades educativas de los hijos vetan la custodia compartida