Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un Lalín de Cine ofrecerá sete filmes en galego ata decembro

As proxeccións terán lugar os domingos, de balde, no Salón Teatro

REDACCIÓN

Lalín

Un Lalín de Cine. Apostamos polo cinema en galego é a nova proposta da Concellería de Cultura e Política Lingüística. Ofrecerá sete películas noutros tantos domingos desde este mes ata comezos de decembro no Salón Teatro. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

O programa de actividades, todas gratuítas, terá lugar os domingos ás 18:00 horas a partir do próximo 26 de outubro e ata o 7 de decembro. Haberá catro películas para todos os públicos, dirixidas en específico ao familiar (O amencer dos nuggets, 26 de outubro; Wallace e Gromit: A vinganza sérvese con plumas, 9 de novembro; A galiña Turuleca, 23 de novembro, e O monstro mariño, 30 de novembro) e tamén tres filmes para público novo e adulto: As Neves, o 2 de novembro; Rapa, o 16 de novembro; e Antes de nós (sobre Castelao), o 7 de decembro.

A concelleira Begoña Blanco lembra que «xa nas anteriores ocasións que se realizou unha actividade destas características funcionou moi ben». E remarca que, con este programa, preténdese «facilitar o acceso ao cine en galego, promovendo a normalización lingüística e o acceso á cultura na nosa lingua». Conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua.

Tracking Pixel Contents