Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Fundación Neira Vilas acolle un encontro de poetas

REDACCIÓN

Vila de Cruces

A Fundación Xosé Neira Vilas, na parroquia cruceña de Gres, acolle mañá domingo un encontro de poetas no que intervirán Miguel Anxo Fernán Vello e Claudio Rodríguez Fer. Os dous manterán unha conversa en torno á creación literaria e a poesía. As persoas que acudan a esta cita terán ademais ocasión de achegarse á obra de ambos, nesta nova entrega dos Cafés literarios que organiza a entidade presidida por Fernando Redondo Neira. A sesión comeza ás 18.00 horas e forma parte da programación de outono que o pasado día 13 ofreceu unha sesión de lectura de poemas de Anisia Miranda, e que o día 25 invita a un roteiro da man da docente María Luz Barreiro.

Tracking Pixel Contents