Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Noceda reedita o ciclo «Literatura no Rural» esta fin de semana

REDACCIÓN

Lalín

A parroquia lalinense de Noceda reedita esta fin de semana o ciclo «Literatura no rural». As actividades, de balde e destinadas a público familiar, terán lugar no centro social. Organiza a Asociación Cultural Bolarqueira e colaboran o Concello de Lalín e a Deputación de Pontevedra.

O sábado 18 de outubro, ás 19 horas, a compañía de títeres Fantoches Baj representará a obra Castelao, un corazón á intemperie. Ao día seguinte, domingo 19, ás 13 horas, haberá un concerto literario da man da Coral Polifónica de Lalín, dirixida por Benxamín Otero; xa no serán celebraranse dous encontros: ás 18 horas con Laura Romero, ilustradora e baixista de Zënzar, creadora do libro 35 anos de rock en galego, a culpa foi de Zënzar, e ás 19 con Pakolas e o seu espectáculo As máis molonas, coñecendo os tres libros editados por Galaxia na colección Sonárbore.

Tracking Pixel Contents