Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Doade fía a tradición

Doade fía a tradición

Doade fía a tradición

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

Dezasete anos leva o Museo Etnográfico Casa do Patrón, no lugar de Codesda, en Lalín, recreando o proceso de elaboración do liño. A planta da que se cultiva desde hai séculos, cada vez menos, foi o elemento esencial para a confección de prendas de vestir ata que as fibras modernas deron paso a un modelo industrial no que o troquel semella que pesa máis que o sosego duna tradición que como tantas esmorece.

Dous intres da xornada de onte 
en Doade. |  Bernabé/Javier Lalín

Dous intres da xornada de onte en Doade. | Bernabé/Javier Lalín

Os actos de Doade comezaron sobre as 16.00 horas cunha recreación explicativa do proceso do liño coa participación de representantes do propio museo lalinense e da asociación de mulleres rurais San Bartolomeu de Insua, en Vilalba. O público tivo a oportunidade de presenzar en vivo este proceso, ao tempo que se fixo una exposición de roupas feitas tanto con liño como con lá.

Como en cada xuntanza veciñal das tarefas comúns, a música tamén tivo protagonismo no encontro de onte en Doade. A bautizada como Foliada da Fía contou coa participación dos grupos de pandereteiras Casa do Patrón e A Xariza de Parada. Varias xeracións compartiron traballo e lecer nunha xornada de reivindicación da tradición, una máis das que durante o ano desenvolve o complexo museístico da aldea de Doade.

Tracking Pixel Contents