A Estrada pon en valor a biografía de Avelina Valladares
REDACCIÓN
Na antesala do bicentenario do nacemento da escritora estradense Avelina Valladares Núñez, o Concello da Estrada organiza unha xornada dedicada á súa figura, dentro do Ano Cultural 2025. O evento, titulado «Voz, rostro e memoria de Avelina Valladares», terá lugar o sábado 18 de outubro na Casa das Letras, de 10.00 a 14.00 horas, e estará conducido pola xornalista Laura Filloy, de GCiencia. A programación inclúe relatorios sobre a biografía pouco coñecida da autora. Participarán Maricarmen Ferreirós, herdeira dos Valladares; Xosé Luna, Celia Armas, Rosa de Cabanas e Pablo Bernárdez. O peche será musical con interpretación de pezas de Avelina, e ao remate sortearase unha lámina. O aforo é limitado e a inscrición abrirase o luns a través de cultura@aestrada.gal ou no 986 573 601.
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El transporte escolar en Galicia, bajo vigilancia especial desde este lunes
- Hallado el cuerpo sin vida de un hombre en la antigua nave de Pescanova de Vigo
- Vecinos de Vigo denuncian los destrozos en sus viviendas por obras ajenas: «Quieren sacarme de mi casa»
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Cuarentones que consumen ‘coca’: el perfil del infractor al volante en Vigo
- Ana Peleteiro se defiende de las críticas por su nueva casa