Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Enrique Viz Otero Director da Coral Polifónica de Piloño

«Aos coros aínda non se nos recoñece o noso traballo coa terceira idade en socialización»

A formación supera os 30 membros e ten aberta unha mostra no auditorio municipal que percorre as súas tres décadas de historia

Enrique Viz, durante un dos ensaios da Coral de Piloño.

Enrique Viz, durante un dos ensaios da Coral de Piloño. / Cedida

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Vila de Cruces

A finais de setembro, a Coral Polifónica de Piloño organizou unha xornada para festexar os seus 30 anos cunha exposición de fotos (que continúa aberta todo o mes) e cun festival no que tomaron parte os coros Música Viva, do Carballiño, Tierras Altas de Sanabria y Varballera e a charanga Leña Verde. O seu director, Enrique Viz, está á fronte desta formación desde os seus inicios, e encárgase ademais de Coral de Caldas de Reis das clases de gaita Os Dezas de Moneixas.

—Como xurdiu o coro?

Un cura italiano, don Roberto, veu a Merza ofrecer unha novena por unha veciña de aquí que falecera en Italia, e tras repartir varias cancións para interpretar viu que a xente o facía ben , así que propuxo montar unha coral. Vin o cartel e apunteime, e na reunión posterior, ao ver que era o único músico (toca na Artística de Merza) xa saín director. Fun aprendendo a dirixir co propio coro e formándome pola miña conta.

—Comezaron con 33 persoas e agora son 29, pero houbo momentos complicados.

É certo que seguimos nun número similar ao que tiñamos, pero si que pasamos malos momentos. Por exemplo, no ano 2000 estivemos parados e volvemos arrancar con só 8 persoas. Agora estamos ben de membros e de musicalidade. Nestes 30 anos chegamos a ter rapaces de curta idade, por exemplo, a miña filla meteuse no coro con só 9 anos, e houbo nun tempo ata 6 nenos e nenas, porque o profesor de música do CEIP de Piloño fixo un coro, e despois eles seguían con nos. É unha familia completa cantou con nós: o pai, a nai, o fillo e a filla.

—É certo que nunha coral só están mulleres maiores e que só se interpretan temas relixiosos?

O de que a maioría son mulleres de certa idade pode ser, pero o xénero das cancións para nada é relixioso. Nós facemos máis concertos que misas, e temos moito repertorio que non está ligado á liturxia relixiosa.

—Aí ten toda a razón, porque eu teño escoitado ata versións corais de temas de Metallica. Como escollen vostedes o repertorio?

Hai que escoller pezas que sexan de interese para o público, e ilas incorporando de forma progresiva e pasado un tempo, sempre podes recuperars algún tema bello. Montar unha canción pode levar meses e, por exemplo, fixemos unha versión para unha voda e agora imos incorporala aos nosos concertos porque gosta moito. Lembro, tamén, que «El menú, dulce cantar» nos custou moito aprendela, pero interpretámola durante cinco ou seis anos seguidos, porque ao público encantáballe.

—Vostedes ensaian dúas veces á semana, no local social de Piloño . Seguro que para algún membro os ensaios e os concertos son unha arma contra a soidade.

As corais axudan moito a socializar. Eu xa lle teño dito aos políticos que facemos un gran traballo coa terceira idade, porque é unha actividade distinta, que lles axuda a entrenar a memoria e que lles invita a ver mundo. A Coral Polifónica de Piloño, por exemplo, estivo en intercambios nas catro provincias de Galicia, pero tamén en distintos puntos de Portugal así como en Madrid, Oviedo ou Valladolid. Temos só unha axuda, pequena, tanto do Concello como da Deputación. A Xunta non nos aporta nada a nivel económico, e creo que ainda non se nos da ese valor de socialización.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents