Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xoán Curiel trae a Carboeiro ‘Treides Comigo!’, que repasa a lírica medieval galaico-portuguesa

Este sábado a partir das 17.30 horas o mosteiro de Carboeiro convértese nun escenario privilexiado para unha experiencia cultural en torno ao patrimonio, á historia e á música. A esas horas comeza unha visita guiada polo cenobio, na que se abordará a influencia de Afonso X O Sabio neste espazo monumental. Ao seu remate, o proxecto artístico Xoán Curiel en Banda ofrece o concerto ‘Treides Comigo!’, unha viaxe musical pola lírica medieval galego-portuguesa. Curiel estará acompañado por artistas do jazz, do folk e da música clásica.

Tracking Pixel Contents