Entrevista | Alberto Hermida Presidente da Asociación Gandeira da Rubia Galega do País:
«O consumo específico desta carne xa supera ao de Ternera Gallega»
A cantante Jennifer López, o chef Dabiz Muñoz ou a actriz Eva Longoria teñen gabado as bondades e a calidade da carne de vaca rubia galega. O seu consumo aumenta nos últimos anos, amparado no aumento de demanda de carne en xeral. E para cubrir o mercado hai ganderías que, como a de Alberto Hermida, vendeu un lote de 20 animais para unha finca de Extremadura con capital social árabe

Alberto Hermida, xunto a animais da súa explotación de Lamas. / Bernabé/Javier Lalín

O campo da feira de Río acolle o día 19 a Feira de Rubia Galega do País. Volveuse recuperar o ano pasado da man do colectivo que preside Alberto Hermida Taboada, e que xa conta con uns 90 socios de ganderías das catro provincias.
Hermida leva uns 18 anos e xunto ao seu irmán á fronte da explotación familiar, Laura Taboada, con 27 reprodutoras. É o nome da súa nai, que xa herdara os animais do seu pai, un dos habituais naqueles primeiros anos da feira de Río na década dos 90.
—En 2007 celebrouse a última Feira de Rubia Galega do País, con 103 animais, e agora haberá 110. Podemos pensar que se está impoñendo a cría desta raza como complemento ou alternativo á produción de leite ou de carne doutros animais?
Os datos de afluencia apórtanolos Acruga , que ademais traerá tres xatas para a poxa. A verdade é que, das feiras celebradas aquí en Rodeiro, é a que conta con máis reses, e solo foi superada por outro certame de Lalín hai uns anos, con 120. Esta raza do país está presente en explotacións de Rodeiro, pero tamén en localidades de Lugo, A Coruña ou en Ourense, unha provincia onde ten moita forza.
—Hai incorporacións de novos gandeiros?
Na nosa zona si existen casos que optan pola rubia galega do país, como ese complemento á granxas en intensivo. Agora mesmo, estamos vivindo un boom de consumo de carne de rubia galega, e sen facermos moito ruido desde a asociación. Consúmese moito en alta cociña, e dámonos conta de que esta carne está superando en consumo específico ao de Ternera Gallega. De seguir así, quizais a medio plazo faga falla unha venta diferenciada dunha e doutra, quizais con distintas hostelerías.
—Que diferencia existen entre estas dúas carnes?
Ternera Gallega ten unha desvantaxe fronte á rubia galega, porque é unha carne perecedeira, que debe consumirse entre 10 e 20 días, mentres que a de rubia galega é unha carne madura, que aguanta ata os 180 días.
—Abonda con ver os prezos que se teñen pagado por vacas ou bois de rubia galega no mercado de Silleda. E son carnes que despois pasan por maduración.
A Central Agropecuaria está sendo unha referencia moi importante para as nosas explotacións, e anímanos a marcarnos como obxectivo o de vivir únicamente da cría e cebo de rubia galega.
—Hai demanda desta carne, os prezos son altos e hai novas explotacións. Pero en contra están os ataques de lobo ou a falta de terra para alimentar o gando, por exemplo.
Así é. No caso da reordenación parcelaria, en Rodeiro só se acometeu en catro parroquias, e o resto (son 19 feligresías en total) está sen reestructurar. Esta dotación axudaríanos moito en todos os sentidos. Pero ademais dos problemas que mencionas, debemos lembrar tamén que a nosa raza bota a maioría do tempo en réxime extensivo e poden afectarlle infeccións que transmiten moscas e mosquitos como a lingua azul, a enfermidade hemorráxica epizoótica ou a dermatose nodular,da que se acaban de detectar animais enfermos en Girona. En canto ao roubo de reses, ten habido algún, pero de xeito moi puntual.
—Dende a creación da asociación, a directiva deixou claro que non buscan ningún enfrontamento coa Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga), na que están integrados.
Temos unha relación excelente e cotiá. O que ocurriu é que Acruga optou por convertir esta raza a curto prazo en productora de carne, e derivou en problemas á hora de partos ou en becerros coa lingua moi ancha como para poder mamar. Outro problema que temos é a consanguinidade, temos que aportar novos animais para evitar problemas xenéticos.
—Neste sentido, que pasos teñen dado, ademais dos contactos coa Finca Mouriscade?
Reunímonos con xenética Fontao e co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, e a raíz destes encontros houbo gandeiros que contactaron con nós. A nosa intención é que nas próximas edicións da feira de Río, os propios gandeiros poidan traer tamén xatos e xatas á subasta, ademais dos que aporta Acruga. Pero isto require un tempo, porque é preciso comprobar datos de consaguinidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Toralla prohíbe los pisos turísticos antes de la apertura de la isla a Vigo
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR
- La alta demanda para retirar el amianto de construcciones eleva meses la espera
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía