Ultiman a ampliación da zona verde da Carballeira Municipal
Os traballos están a piques de rematar, tras eliminar unha área asfaltada nos 90, gañando 300 metros cadrados de superficie

Imaxe dun dos novos camiños da Carballeira Municipal.
Tras varias semanas de obras, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, visitou estes días a Carballeira Municipal -emprazada na Zona Deportiva, a carón do recito que ocupan a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE)-112 Galicia- para coñecer de primeira man o avance dos traballos que se veñen realizando neste recinto natural, nun intento por gañar espazo para a zona verde a través da eliminación de superficies asfaltadas.
O rexedor acudiu acompañado polo arquitecto técnico municipal, Daniel Órrea, e polo responsable da empresa adxudicataria destas obras, valorando sobre o terreo as intervencións que os usuarios xa poden atopar materializadas. Nel puideron atopar os novos camiños realizados, así como a supresión da superficie de asfalto que ata o de agora había na entrada principal do recinto.
Neste senso, cómpre lembrar que a intervención programada estivo centrada na eliminación dunha antiga zona asfaltada, en beneficio da zona verde. A actuación supuxo a retirada do aglomerado asfáltico que invadía a zona da carballeira e que foi realizado na década dos 90. Demoleuse e retirouse o pavimento existente nunha superficie de algo máis de 300 metros cadrados. A obra ampliouse coa formación de dous paseos con xabre-cemento que teñen un ancho de 1,5 metros.
«Agora, con esta intervención, é a zona verde a que sae ampliada e mellorada, incrementando o espazo natural posto a disposición da cidadanía», sinalou Louzao Esta actuación na Carballeira Municipal foi financiada con fondos do Plan de Compensación Ambiental 2025.
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Declarar las capturas de recreo, obligatorio hasta si no se pesca
- Pesar en Silleda por la muerte de Vicente Dacosta a los 41 años
- El hostelero investigado por el caso del agua contaminada con sosa cáustica: «El problema vino de la botella»