Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O recinto feiral de Silleda alberga hoxe a gran final da Galican Agility Cup

Probas no ring do recinto feiral durante a pasada xornada.

Probas no ring do recinto feiral durante a pasada xornada.

REDACCIÓN

Silleda

A Galican Agility Cup, unha cita de axilidade canina sen precedentes na comunidade que une competición de alto nivel e actividades formativas, chega hoxe ao seu fin na Feira Internacional de Galicia. Participan dende o pasado martes máis de 300 binomios (can e guía) procedentes de 22 países.

Na mañá de onte continuaron as probas puntuables para o Campionato de España e clasificatorias para a Gran Final Galican Agility Cup, que terá lugar hoxe por la tarde no recinto. Un seminario impartido pola francesa Kim Barreau e a italiana Verónica Odone centrou a sesión vespertina de onte.

O evento, organizado pola asociación Galician Agility Festival en colaboración coa empresa galega de obstáculos para agility Galican Sport, pecharase hoxe coa disputa da gran final, que se prolongará ata a noitiña. Os premios ascenderán a 15.000 euros en produtos da empresa Galican.

Tracking Pixel Contents