Volta o curso sobre igualdade da USC o martes que vén a Lalín
Esta edición ofrece trece conferencias e unha actuación musical
REDACCIÓN
A vindeira semana desenvolverase a vixésima edición do curso de verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Violencias-Redes Sociais-Consentimento-Coeducación en Lalín. Está organizado pola Oficina de Igualdade do Concello e o Instituto de Ciencias de la Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Impartirase dende o martes 8 ata o venres 11 de xullo, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero.
Trátase dunha acción formativa que fomenta o intercambio, promovendo a igualdade de oportunidades e cuestionando os roles e estereotipos de xénero. Os contidos impartiranse a través de trece conferencias, nas que se debaterá sobre o feminismo e a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social e promoverase a participación e integración entre escolas e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos. Tamén se facilitará o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas, así como a coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos. Intervirán profesionais expertos como Miguel Lorente Acosta, Silvia Pérez Freire, Emma Cepeda, Paz Filgueira, Iván Gómez Beltrán, Beatriz Gimeno, Patricia Alonso, Irantzu Varela, Rosa Cobo, Octavio Salazar, Soraya Calvo e María Ángeles Rebollo Catalán. Este curso ten uns horarios de martes a xoves de 10:00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00, e o venres só pola mañá. O seminario tamén inclúe a performance musical Emocións fronte ás violencias por Caspervek o venres ás 12:15. Calquera persoa interesada pode asistir libremente ao curso en calidade de oínte.
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- Muere un septuagenario de Moaña al caer del bote en el que pescaba frente a Meira
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Cola desde las 4:30 horas para lograr entradas para el concierto de The Black Keys en Castrelos
- Leo Caldas vuelve a la acción