Silleda remata a semana en festas
A Espetada Musical convoca a numerosos veciños e A Bandeira celebra o San Cristovo

Ambiente na Espetada Musical / Cedida

Os veciños de de Silleda deron a benvida á primeira semana de xullo cun fin de semana cheo de celebracións. A que primeiro tivo lugar foi a festa veciñal Tanto ten Xan coma Pedro na praza Mestre Mateo, o venres. A xuntanza veciñal comezou ás 21:30 horas para darlle a benvida ao verán entre comida e coñecidos. A segunda de Trasdeza foi onte, na Espetada Musical, organizado por SIC coa colaboración dos Veciños das Baratas, a Fundación Semana Verde e o Concell. Comezou ás 20:00 horas, unha celebración que incluía unha merencea de espetos e cócteles seguido dun Gran Bingo Musical e unha actuación de Dj Baker. Esta foliada celebrouse por primeira vez o ano pasado, e para esta edición prepararon 250 espetos para a velada. O bingo musical contou cunha pantalla para mostrar as letras das cancións, para que os integrantes se animasen a cantar mentres xogaban. Dende a organización explican que «o obxevtivo que temos non é recadar fondos, os premios do bingo son simbólicos, queremos que a xente faga festa e o pase ben».

Bendición de vehículos, na Bandeira. | Bernabé/Ángel Abeledo
Na Bandeira celebraron as festas de San Cristovo, que comezaron ás 13:00 horas coa misa. A sesión vermú estivo amenizada por Pachi Show e Os Sinsón, houbo unha degustación de mexillóns e a comida de confraternidade. Na verbena estiveron Pachi Show e o Trío Sensación. A festa rematou ás coa tirada de fogos artificiais.

Ambiente na Espetada Musical.| X.F.
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- La tormenta que arrasó Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Viajar a Cíes es misión imposible y Ons solo registra un lleno este verano
- Cierran el tráfico en la calle Lepanto y su túnel durante dos meses
- Ciudadanos resurge, también en Galicia: asegura su aspiración a ser la «piedra inicial» de una nueva «alternativa al bipartidismo»
- Las Festas do Cristo se reducen a ocho días para dar paso a las de Darbo
- Tres hermanos buscan a su madre, desaparecida en el aeropuerto de Madrid: 'Tenemos la esperanza de encontrarla con vida
- Supervivientes de la oposición