A Xuntanza das Persoas Maiores de Vila de Cruces abre a inscrición ata o 17
Será o 30 de xullo en Gres | O menú custa 25 euros, 15 para os empadroados de 60 ou máis

Otero, Taboada e Lois posan co cartel da xuntanza.
O Concello de Vila de Cruces organizará o mércores 30 de xullo a 32ª Xuntanza das Persoas Maiores nas Insuas de San Ramón, na parroquia de Gres. «É unha oportunidade para compartir recordos, alegrías e bos momentos con quen foron e seguen sendo exemplo de entrega, esforzo e sabedoría», indica o alcalde, Luís Taboada, que presentou o cartel coas concelleiras Mireya Otero e Noemí Lois. Tamén será unha forma de «renderlle unha pequena homenaxe ás persoas maiores, desfrutar dunha comida en boa compañía e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade».
O día da xuntanza, a recepción das persoas asistentes será ás 12:30 horas nas Insuas de Gres. A continuación, actuará o músico Carlos Manteiga. Ás 13:00 horas celebrarase unha misa e, de seguido, ás 13:30, o xantar de convivencia cun menú a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, postre, bebida e café. Finalmente, farase unha homenaxe á muller e ao home de máis idade e celebrarase un sorteo de agasallos. A xornada pecharase cun gran baile. En caso de chuvia, a comida realizarase no pavillón municipal de Vila de Cruces.
Prezos
O xantar terá un prezo xeral de 25 euros, aínda que as persoas de 60 ou máis anos empadroadas no municipio accederán a unha tarifa reducida de 15 euros, mentres que para os nenos de 0 a 5 anos a entrada será de balde. O custo da entrada deberá abonarse na conta ES38 0030 6052 3108 7000 9271. Co xustificante de pago poderanse retirar as entradas no Concello do 4 ao 17 de xullo. Ademais, contarase con servizo de transporte gratuíto para trasladarse ás Insuas de Gres.
A xuntanza terá aforo limitado, polo que será imprescindible anotarse. O período de inscrición estará aberto desde hoxe, venres 4, ata o xoves 17 no departamento municipal de Servizos Sociais.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles