A Solaina adica a súa Forxa Literaria a Fernández Abella
O poeta nado en Monforte estivo moi ligado á entidade cultural de Piloño | Haberá recoñecementos para Xosé Vispo e Xosé Payo

Carmen Lareo e Damián Paío presentaron onte o programa. / Bernabé/Javier Lalín

O poeta Xoán Xosé Fernández Abella será o protagonista da XVII Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural que organiza a Fundación A Solaina de Piloño e que se celebrarán o vindeiro día 12. O programa foi presentado pola presidenta da entidade cruceña, Carmen Lareo Morao, e mailo patrono Damián Paío.
Os dous destacaron que Fernández Abella, finado en 2023, foi un estreito colaborador tanto da forxa literaria como de boa parte da actividade cultural funda fundación creada hai agora 30 anos polo artista Paco Lareo, aínda que a icona deste coletivo xa iniciara a promoción da cultura desde Piloño no ano 1983. Carmen Lareo puxo de manifesto a relevancia que ten una fundación asentada no rural e a labor do homenaxeado, un literato nado en Monforte de Lemos, aínda que con grandes vínculos coa bisbarrra dezá e coa Estrada, sobre todo. «Estivo en todas as forxas, tamén recitando, e tamén sempre co lembrado Avelino Pousa Antelo», manifestou Carmen Lareo na presentación, onte, no Casino de Lalín.
Os actos darán comezo a partir das 18.00 horas cun concerto protagonizado polo músico de Vila de Cruces Yago Fernández. A continuación haberá unha inrtervención de benvida a cargo da presidenta da fundación, que deixará paso á descuberta do relevo de Fernández Abella elaborado polo canteirodezaoXosé Luis Ferreiro Diéguez, O Vila. O homenaxeado xa recibira a Medalla Amigo da Solaina na Forxa Literaria celebrada no ano 2011. O gaiteiro lalinense Plácido Rozas interpretará a continuación o himno de Galicia e a Muiñeira da Solaina.
Tamén haberá unha mesa redonda sobre a figura de Fernández Abella na que intervirán Charo Golmar, Rosalía Morlán, Valentín García, Xosé Manuel Lobato e Xosé Luna. Outro dos actos destacados da xornada será a entrega das medallass Amigo da Solaina, que serán para Xosé Vispo Montero e Xosé Payo Cangado. Do primeiro lembrouse a incansable labor de apoio que prestou a Paco Lareo para poñer a andar a fundación desde o punto de vista xurídico e administrativo. Do mestre lalinense destacouse o seu traballo de documentación.
No recital poético participarán María Jesús Payo, Xosé Carlos Carracedo, Iria Anido, Xosé Luna, Alba Payo, Xosé Manuel Lobato, Charo Golmar e Rosalía Morlán. A xornada en Piloño rematará cun concerto de Manoele de Felisa, que ofrecerá catro temas para os presentes.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados