Felipe Castro e Brais Revaldería, ¡aloitadores!
Felipe Castro, veciño de Sabucedo falecido en 2008, e Brais Revaldería, cineasta lucense que triunfou este ano en Cannes co documental «Fillos do Vento. A Rapa» foros nomeados «Aloitadores de Honra»

A gala tivo lugar onte á tardiña no propio curro de Sabucedo. | Bernabé/Javier Lalín |
A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo celebrou onte á noite no curro a décimo cuarta edición da Gran Gala dos Aloitadores, na que distinguiron como «Aloitadores de Honra» ao veciño de Sabucedo e aloitador Felipe Castro -a título póstumo- e ao cineasta lucense afincado en Nova York desde hai 15 anos, Brais Revaldería.

Felipe Castro (dereita), aloitando. | / Cedida
Felipe Castro, falecido no ano 2008, foi un veciño de Sabucedo que por motivos laborais tivo que abandoar a parroquia sendo moi novo, chegando a residir en países como Turquía, Arxelia, Marrocos, Colombia ou Francia. Desde todos estes destinos sempre facía cadrar as súas vacacións para retornar a Sabucedo coincidindo coa Rapa das Bestas para poder colaborar na organización e aloitar. O recoñecemento de onte recolleuno a súa filla Pilar.
A segunda distinción foi para o cineasta lucense Brais Revaldería, afincado en Nova York desde hai 15 anos pero que xa é un habitual da Rapa das Bestas de Sabucedo desde o ano 2017, data na que comezou a gravación do documental Fillos do Vento. A Rapa. Precisamente, antes de recibir o recoñecemento, o público presente no curro puido visualizar un anticipo do que será o documental que está a ultimar e que complementará a experiencia inmersiva coa que chegou a ser seleccionado como un dos nove finalistas na Sección Inmersiva do Festival de Cannes 2025.
A gala contou coa presencia de moitos veciños, dos primeiros visitantes que xa chegaron a Sabucedo para subir mañá ao monte tras a misa na honra ao patrón da parroquia, San Lourenzo, do presidente da Asociación Rapa das Bestas, Paulo Vicente, e outros directivos e membros da Corporación Municipal, encabezados polo alcalde, Gonzalo Louzao.
O rexedor local aproveitou a súa intervención para aplaudir a recente declaración da Rapa como Ben de Interese Cultural inmaterial por parte da Xunta de Galicia, comentar o inminente arranxo do albergue para poñelo a disposición da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo e tamén os proxectos que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra, como son o museo virtual co que se espera desestacionalizar o fluxo de turistas na zona e a mellora da contorna da carballeira do Campo de Medio.
En canto á cobertura informativa desta edición da Rapa das Bestas, sen cifras definitivas aínda, onte estaban acreditados máis de 170 profesionais da comunicación -entre xornalistas, fotógrafos, reporteiros e influencers- dunha ducia de países, entre os que están España, Portugal, Francia, República Checa, Rumanía, Reino Unido, Austria, Estados Unidos, Colombia, México, Nova Zelanda e Exipto.
O RapaBus gratuíto conecta A Estrada con Sabucedo
Coma tódolos anos, poderáse empregar o RapaBus, o servizo de transporte de balde para achegarse a Sabucedo dende A Estrada, sen necesidade de ter que coller o coche. A saída é desde a Praza do Concello de A Estrada, facendo parada na Consolación e en Codeseda. No horario programado do venres, a saída é ás 21.00 horas e a volta desde Sabucedo ás 05.00 horas. O sábado, haberá dúas saídas e dúas voltas. A primeira saída desde A Estrada é ás 16.30 horas, con volta ás 21.30 horas; e a segunda saída desde A Estrada ás 22.30 horas, con volta ás 05.00 horas. Finalmente, o domingo a saída desde A Estrada é ás 11.00 horas e a volta desde Sabucedo ás 17.00 horas. Este servizo busca promover a mobilidade sostible e segura.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- JLo deja una entrada por debajo de lo esperado con 13.500 almas