A Unidade de Hidradenite atendeu a máis de 200 persoas no primeiro ano
A consulta CHUS é das poucas en España para esta enfermidade crónica da pel
REDACCIÓN
A Unidade de Hidradenite do Hospital Clínico, que comezou a funcionar en marzo de 2024, asistiu a máis de 200 pacientes e realizou 300 consultas. Coordinada por Sabela Rodríguez Blanco e Daniel González Vilas, a ela derívanse pacientes con formas clínicas moderadas e graves que se poden beneficiar de algúns dos tratamentos médico-cirúrxicos alí ofertados.
A hidradenite supurativa (HS) é unha enfermidade inflamatoria crónica e dolorosa da pel que afecta a máis do 1% da poboación, sobre todo a adolescentes e adultos novos, con gran impacto físico, emocional e social, sendo a patoloxía dermatolóxica que asocia un maior deterioro da calidade de vida. Maniféstase a modo de brotes de lesións nodulares inflamatorias e abscesos recorrentes en zonas como axilas, inguas ou glúteos. A medida que se suceden estes brotes, o paciente vai tendo secuelas, aparecendo cicatrices e traxectos fistulosos, que en moitas ocasións son irreversibles. Aínda se evidencia un retraso no diagnóstico que dificulta o control da mesma, o que provoca que acaben con secuelas irreversibles ao non poder ser tratados de maneira precoz.
O seu funcionamento permite unha atención multidisciplinar, personalizada e continuada, coa participación de dermatólogos, persoal de enfermaría especializado e colaboración activa con outros servizos implicados na ruta de atención intrahospitalaria dos casos máis complexos (Cirurxía Plástica, Xeral e Urxencias) para mellorar o circuíto que seguen estes pacientes e axilizar a chegada a Dermatoloxía. A consulta conta con tecnoloxía avanzada, como ecógrafos de alta resolución e un láser de CO2 de última xeración, e entre os seus obxectivos está facilitar o acceso a tratamentos biolóxicos avanzados, a programas de seguimento estreito ou a ensaios clínicos con novos fármacos.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles