A Romaría da Fervenza volve o 20 a Escuadro con seis agrupacións
Inclúe xantar popular e xuntanza cabalar

Presentación do cartel, onte, no Concello de Silleda.
A Romaría da Fervenza de Escuadro celebra a súa undécima edición o domingo 20 de xullo. Seis grupos de música tradicional tocarán desde o mediodía: Agrupación de Acordeóns de Lalín, Lume na Lareira, Pandereteiras Ponte da Prata de Botos, Os Pereiriños de Curantes, Pau de Buxo de Saídres e o anfitrión O Son da Fervenza. Haberá xantar popular e unha xuntanza cabalar.
O menú será servido polo Mesón A Roda, de Rodeiro, e constará de empanada, churrasco mixto, patacas fritas, ensalada, pan, postre, café con gotas e licores. O prezo é de 25 euros para persoas adultas e de 10 euros para menores ata 10 anos. Haberá tamén pulpeiro. As reservas xa están á venda nos restaurantes La Txapela, de Silleda; A Devesa e A Taberna de Graba, nesta parroquia; María Luisa, en Senra (Escuadro); A Dama do Río (O Foxo da Estrada); e Bar Atly, na Bandeira.
José Filloy, de O Son da Fervenza, e Óscar Otero, de Cabaleiros da Fervenza, presentaron onte o cartel no Concello de Silleda. Acompañáronos a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e as concelleiras Mónica González Conde (Cultura e Turismo) e Ángela Troitiño Gil (Benestar), que destacaron o esforzo da organización deste «certame singular polo entorno no que se celebra, que tamén é un dos protagonistas desta xornada». Posta en valor en 2013 coa creación dun roteiro e a recuperación dun muiño, a Fervenza de Férveda é un dos reclamos turísticos de Trasdeza.
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- A la venta a solo 10 euros las entradas en la platea para el concierto de Ana Belén en Castrelos
- Un hostelero de Vigo expulsa a unos israelíes de su restaurante: «En mi bolsillo no puede entrar dinero pagado por ellos»
- Jennifer López se marcha de Galicia tan diva como llegó
- La diva del Bronx «revienta» Pontevedra