O Conservatorio abre a matrícula de elemental

O Conservatorio de Música da Estrada abre hoxe o prazo de matrícula para os alumnos e alumnas do grao elemental. Estará aberto ata o día 24 deste mes. Para poder realizar o trámite, os interesados poden pasar pola secretaría do centro en horario de mañá ( de 09.00 a 14.00 horas) ou descargar o impreso e as instrucións de matrícula da súa web. Para os alumnos de iniciación o prazo de matrícula abrirá en setembro, pero poden facer reserva.

Tracking Pixel Contents