Cibervoluntarios inicia campamento en Silleda

Celébrase ata o venres na Casa da Xuventude cunha vintena de nenos e nenas de 9 a 13 anos

A alcaldesa e a concelleira de Educación deron onte a benvida á rapazada participante.

A alcaldesa e a concelleira de Educación deron onte a benvida á rapazada participante.

REDACCIÓN

Silleda

A Casa da Xuventude de Silleda acolle esta semana, ata o venres, un campamento dixital. Un total de 17 rapaces e rapazas de 9 a 13 anos están xa a participar nesta actividade, de balde, un espazo de aprendizaxe tecnolóxica e creatividade no marco da programación da Fundación Cibervoluntarios.

A iniciativa Campamento Digital está impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), co apoio do Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e maila concelleira de Educación, Ángela Troitiño, deron a benvida ao grupo e destacaron que é «unha oportunidade para desenvolver competencias dixitais e compartir experiencias entre a veciñanza máis nova».

Tracking Pixel Contents