Aberto o prazo para as viaxes do Imserso

O Concello da Estrada abriu onte a inscrición para participar no Programa de Vacacións para Maiores organizado polo Imserso, en colaboración coa administración municipal, para a temporada 2025/2026. O prazo estará aberto entre o 1 e o 23 de xullo, ámbolos dous incluídos. Poderán participar neste programa as persoas que cumpran os requisitos de estar empadroados no Concello da Estrada e sexan maiores de 65 anos, entre outros. As solicitudes terán que presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada.

Tracking Pixel Contents