Entrevista | Javier Ferreira Xerente da USC
«Repróchasenos que fomos demasiado austeros, pero deixamos unha USC forte»
Nos últimos anos a Universidade de Santiago logrou captar 40 millóns de euros para a investigación dos fondos Next Generation da UE. O xerente alerta que esta inxección pode conterse nun futuro no que a Unión Europea comeza a primar os investimentos en defensa.

O xerente da USC, Javier Ferreira. | Antonio Hernández
Natalia Sequeiro
O xerente da USC, Javier Ferreira, afronta xunto ao reitor Antonio López os seus últimos meses á fronte da institución académica compostelá. A semana pasada o equipo rendeu as súas últimas contas económicas ante o Consello de Goberno da Universidade de Santiago. Ferreira, que non pensa continuar no cargo tralas eleccións ao reitorado, destaca o esforzo para ir reducindo a abultada débeda que se atopou ao comezar o mandato e agarda ver a nova Facultade de Farmacia en construción antes de retomar a docencia.
-Cando se resolverá o concurso da facultade de Farmacia e poderán comezar as obras?
Esperamos que para o mes de xullo a mesa de contratación elixa a empresa adxudicataria, que podería comezar a traballar en setembro, sempre que non haxa recursos. Esperamos que non. Presentáronse tres empresas. Sempre é máis conflictivo cando hai moitas.
-A de Farmacia é o principal escollo que lle queda ao reitor e a vostede antes de dar paso a un novo equipo?
SI. Dende que unha idea fructifica até que empezan as obras, nas administracións todo vai lento. Pero estivemos seis anos sen parar. Agora mesmo para cumprir os nosos obxectivos queda un contrato que esperamos licitar en setembro. Os que veñan atoparán todos os contratos en orde e todo adxudicado, non é o habitual.
-A actual vicerereitora de titulacións, María José López, preséntase para sustituir a Antonio López. Se gaña as eleccións, plantéxase repetir como xerente.
Non, non.
-E retomará a docencia?
Efectivamente, e vaime costar que hai oito anos que non dou clase e neste tempo houbo moito cambio tecnolóxico.
-Durante todos estes anos, a excepción do ano da pandemia, a USC pechou as contas con superávit. Pero sempre se di que faltan cartos para atender todas as necesidades, a que se destinou o superávit?
O superávit nas administracións non significa o que pode significar na empresa, porque o volume de ingresos que hai que gastar en periodos plurianuais é moi alto. Se temos un millón de superávit, temos que gastalo ao ano seguinte porque xa está comprometido.
-Como lograron cadrar as contas para non incrementar a débeda?
A Universidade non parou de incrementar os ingresos de investigación. E tamén debo dicilo, o plan de financiamento que fixemos coa Xunta de Galicia é un bo plan, sempre todo é mellorable, podíamos ser Harvard pero a realidade é a que é. Co plan subimos un 7% en ingresos. Un terceiro elemento que contribuiu foi a contención de gasto corrente . Unha das tendencias nas administracións é que cando hai épocas de bonanza téndese a gastar máis. Nós fixemos un esforzo importante, lembro as protestas pola calefacción. Tamén foi importante a xestión directa da limpeza que nos aforrou 1,8 millons de euros. Estamos en cifras de gasto corrente similares ás de hai dez anos, malia a inflación. Esta política de austeridade pode chocar pero creo que é necesaria para garantir a solidez da institución no futuro. Creo que queda unha institución forte e sólida.
-A investigación viuse beneficiada polos fondos Next Generation, pero vostede sempre lembra que vanse terminar. Haberá axustes?
Dentro de dous, tres anos vai haber unha importante caída de ingresos. O Estado español apostou pola investigación nestes fondos, outros estados investiron noutros ámbitos. Rematan o 27 de xullo do ano próximo. Na USC captamos arredor de 40 millóns de euros e tiveron un efecto tractor. Agora parece que pode haber tamén unha certa contracción dos fondos europeos ordinarios. Estamos vendo a polémica que se desatou co gasto en defensa e obviamente se se incrementan os gastos en defensa algún outro minorará. Por eso é importante ser rigoroso, prudente e austero. Repróchasenos que fomos demasiado austeros, pero eu creo que a austeridade debería ser un mandato constitucional das administracións.
-En canto queda a débeda da USC?
Temos uns 10 millóns, pero había 70-80 millóns de débeda. Nós fomos reféns deses investimentos excesivos, na miña opinión, e que tiveron a consecuencia de ter esos 80 millóns de débeda.
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín