A música é festa en Silleda, Lalín e Cerdedo-Cotobade
O teatro musical será protagonista no Parque das Pedrosas | A actividade na capital dezá será na explanada do auditorio

Presentación do programa do Día das Músicas en Tenorio.
REDACCIÓN
O Día Mundial da Música celébrase o 21 de xuño desde 1982, cando se oficializou en Francia da man do director Maurice Fleuret co apoio do Ministerio de Cultura. Os ecos desta festa chegaron hai uns anos a estas terras, sobre todo a raíz da súa institucionalización por parte da Banda de Música Municipal de Silleda, que hoxe organiza no Parque Municipal das Pedrosas o seu XVI Día da Música. A celebración da Banda de Lalín cumpre dez anos. E, en Cerdedo-Cotobade, a Banda de Tenorio vai pola sexta edición dos seus Días de Música.
En Silleda, O teatro musical será protagonista dunha xornada que arrancará ás 11:00 horas cun pasarrúas pola vila, seguido de xogos e obradoiros para a cativada. O primeiro dos tres espectáculos programados está previsto para as 13:00 horas, baixo o título Viaxe ao centro da ópera, a cargo das bandas infantil e xuvenil. Despois do xantar, chegará o segundo concerto, De paseo por Broadway, co alumnado da Escola de Música Municipal de Silleda. Tomará o relevo a zarzuela, co concerto final (19:30 horas) a cargo da Banda Municipal de Silleda, acompañada polas voces de dous recoñecidos artistas galegos: o barítono Gabriel Alonso e a soprano Susana G. Pico. Presentarán Cristina Collazo e Josito Porto. O día rematará cunha cea animada pola charanga BB+.
A décima romaría da Banda de Lalín comenzará contra o mediodía no parque do Auditorio Municipal. Haberá concertos das bandas infantil e xuvenil, así como de distintos grupos da propia agrupación. Despois da sesión vermú celebrarase un xantar de confraternidade no hall do auditorio, para o que están anotadas máis dun cento de persoas. A festa continuará durante toda a tarde con baile ao son da música de DJ Pacheco e xogos populares conducidos por técnicos da empresa especializada lalinense Eduvía.
Tenorio presenta dous días de concertos
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros da directiva da Banda de Música Unión Musical de Tenorio presentaron a sexta edición do Día das Músicas que se celebrará no campo das festas desta parroquia. Hoxe terá lugar a audición dos alumnos da Banda Unión Musical de Tenorio e ás 20 horas terá lugar un festival de bandas protagonizado pola Banda Bingre Canelense, de Aveiro (Portugal), a Banda de Música Unión de Lantaño e a Banda Unión Musical de Tenorio. A xornada acaba coa música de Discoteca Chasis.Mañá, ás 11:30, haberá un concerto no que participarán a Banda Escola Bingre Canelense, de Aveiro (Portugal) e a Banda Escola Unión Musical de Tenorio. Ás 13 horas haberá misa con procesión na honra de San Pedro, patrón da parroquia de Tenorio e ás 14 horas actuará a Charanga Charandonga. Logo, ás 14.30 horas, haberá un xantar popular a dez euros. Pola tarde haberá hinchables e concerto de Antonio Barros.
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- Muere un septuagenario de Moaña al caer del bote en el que pescaba frente a Meira
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Cola desde las 4:30 horas para lograr entradas para el concierto de The Black Keys en Castrelos
- Leo Caldas vuelve a la acción