in memoriam
A memoria do reloxeiro de Vilanova
Morre María Elena Taboada Otero, pintora e filla de Evangelino Taboada

Taboada Otero pintou máis de 200 cadros que mostrou en varias exposicións. / Arquivo DGA
Daniel González Alén
A primeiras horas de hoxe, sábado, chegábanos por diferentes informantes a mala nova do pasamento de María Elena Taboada Otero, filla do ilustre reloxeiro lalinense Evangelino Taboada Vázquez (1897-1954). Contaba 99 anos de idade e ata hai ben pouco as súas capacidades físicas e mentais permitíronlle levar unha vida plena, rodeada dos seus familiares en Vigo, cidade na que residía, e na parroquia de Vilanova en Lalín, onde pasaba longas tempadas na súa ben conservada casa natal do Cotiño, no Barreiro. Os seus restos mortais serán incinerados en presenza da súa familia o domingo, ás 6 da tarde, no tanatorio Vigo Memorial.
Durante a súa longa existencia, María Elena loitou por que a figura do seu pai, Evangelino Taboada –esgrevio reloxeiro, perseguido durante a Guerra do 36, represaliado pola ditadura franquista e falecido xunto ao seu irmán Cándido en estrañas circunstancias nun accidente de circulación– fora recoñecida e valorada como merecía, polos seus paisanos de Lalín e Vigo e que a súa obra fora coñecida e apreciada en toda España e aínda no mundo enteiro, no ámbito da arte da reloxería na que destacou no seu tempo, segundo recollen agora os tratados e enciclopedias.
Vai para un ano, María Elena foi protagonista coa súa familia nos actos que na honra do insigne reloxeiro se celebraron na súa parroquia natal de Vilanova, coa presenza de numerosas autoridades e veciños. A casa familiar luce dende entón unha placa conmemorativa e tamén no centro social da parroquia, un amplo panel da conta da exemplar vida e obra de Evangelino, de quen María Elena quixo perpetuar a memoria e, ao tempo, a da súa abnegada nai, no libro Historia de un recuerdo (edicións en 2014 e 2016).

Mª Elena coa súa familia, autoridades e veciños na homenaxe ao seu pai en Vilanova. | Arquivo DGA
Biografía e homenaxe
A María Elena coñecémola no ano 1998, cando xunto co seu esposo Manuel Vieites Rego, veu onda nós cunha carpeta repleta de fotos e documentos referidos ao seu pai, para propoñernos a realización dunha biografía que o dera coñecer ou máis ben recoñecer publicamente, que sairía a luz ao ano seguinte no Descubrindo Deza (SED, 1999) e posteriormente noutros medios, entre eles no Dicionario Biográfico da Real Academia da Historia e ampliamos no informe que, por encargo do Concello de Lalín, fixemos co gallo da súa homenaxe en Vilanova o pasado ano 2024.
Por se a satisfacción persoal de ter axudado a recuperar a figura de Evangelino Taboada e o trato e amizade con María Elena non foran premio dabondo para nós, a propia María Elena, que tiña grandes dotes para a pintura, do que deixan constancia máis de douscentos cadros que foron mostrados en varias exposicións en Vigo e Lalín, agasallounos daquela cun óleo, que ocupa lugar principal na nosa casa de Lalín, o mesmo que a súa autora fica en lugar preferente na memoria de cantos a coñecemos e tratamos, nomeadamente na da súa filla Mª Carmen, netos e parentes, amigos e veciños que hoxe a choramos e ao tempo eloxiamos a súa longa, proveitosa e exemplar traxectoria vital.
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- A la venta a solo 10 euros las entradas en la platea para el concierto de Ana Belén en Castrelos
- Un hostelero de Vigo expulsa a unos israelíes de su restaurante: «En mi bolsillo no puede entrar dinero pagado por ellos»
- Jennifer López se marcha de Galicia tan diva como llegó
- La diva del Bronx «revienta» Pontevedra