Inician a mellora da iluminación da Praza da Inmaculada e o seu entorno
As luminarias ornamentais xa están sendo instaladas, dotadas con sistemas LED para aumentar a eficiencia enerxética | Os cambios afectan tamén á zona residencial anexa

Un dos novos farois instalados na praza da igrexa. | Concello da Estrada
O Concello da Estrada está executando cambios na iluminación da Praza da Inmaculada e o seu entorno, unha actuación que pretende renovar os deteriorados puntos de luz existentes neste enclave urbano e atender as peticións da cidadanía para que a zona teña unha maior intensidade lumínica.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, explicou que a medida afectará a todas as luminarias existentes nesta céntrica praza, que ten como gran protagonista o templo parroquial de San Paio. Algunhas delas xa foron substituídas e a medida continuará polos puntos de luz ancorados na zona de vivendas máis próxima á igrexa, así como a ambas marxes da rúa que limita coa urbanización de vivendas unifamiliares que arranca no cruce coa Rúa Catro Camiños.
O rexedor estradense sinalou que se buscaron farois que harmonicen coa contorna na que se instalan e co patrimonio existente nel. Estes puntos de iluminación estarán dotados con bombillas led para mellorar, asemade, a eficiencia enerxética.
Farois deteriorados
Tal e como recoñeceu o alcalde os farois anteriores presentaban un avanzado estado de deterioro e sinalou que os cambios que xa se levaron a cabo tiveron pronta resposta entre os veciños, que xa tiveron ocasión de trasladar ao Concello a mellora que apreciaron estes días na iluminación da Praza da Inmaculada e do seu entorno.
Esta renovación de luminarias enmárcase no proxecto de mellora realizado no centro do casco urbano. En rúas como a Calvo Sotelo xa se realizaron nas últimas semanas traballos nas luminarias existentes. No se trata de renovacións, xa que se considera que a estética destos farois é a mellor para este tipo de rúas, senón de renovación con novos paneis e dotandoos de bombillas led. Tamén se renovou fai pouco as luces led dos xardíns municipais.
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- Muere un septuagenario de Moaña al caer del bote en el que pescaba frente a Meira
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Cola desde las 4:30 horas para lograr entradas para el concierto de The Black Keys en Castrelos
- Leo Caldas vuelve a la acción