O efímero grupo 3Anima presenta disco
A formación estradense presenta un EP de seis cancións inspiradas na Santa Compaña
REDACCIÓN
O grupo de rock con sede na Estrada, 3Anima, presenta un EP de seis temas gravado entre maio e xuño de 2025 nos estudos Edisco, baixo a dirección de Fernando Campos. Despois dun ano da creación do grupo, os seus integrantes decidiron meterse de cheo no estudo, dando como resultado seis temas dunha boa calidade sonora e musical. As letras son profundas e cheas de sentimento, e ao mesmo tempo pódense apreciar as influencias dos seus compoñentes, que van desde o grunge ao rock clásico e incluso ao punk.
3Anima está formado por Fernando Dorado, quen se encarga das guitarras e as voces; Roberto Balado, no baixo e nos coros; e Jorge Iglesias, na batería. Todos eles son vellos coñecidos da escena musical local e galega, con experiencia noutros grupos, como Fernando de Dorado, Roberto de IZKI, e Jorge Iglesias, quen foi batería de Esquíos.
O disco narra a lenda da Santa Compaña, unha procesión de almas en pena liderada por unha persoa viva e condenada que vaga polos camiños durante a noite, portando candeas e vestindo con túnicas negras. Dise que a súa aparición é de mal agoiro, anunciando a morte inminente dalguén. Con iso, 3Anima céntrase nesa angustia, desconsolo e impotencia dese vivo, que non pode ver a beleza dun mundo que se esborralla ao seu redor.
Lamentablemente, por motivos persoais os compoñentes da banda decidiron cesar a súa actividade co grupo. Malia iso, permitirán seguir desfrutando da súa música en diversas plataformas como Soundcloud.
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- La diva del Bronx «re vienta» Pontevedra
- Incredulidad en Lapamán: hace un asado en la playa y pone en jaque la bandera azul