A música copa a oferta cultural de Lalín para o mes de xullo
O programa arrancará o día 4 con dous eventos: os concertos do campamento da Banda de Vilatuxe e o de Castro e Escoltas
REDACCIÓN
O Concello de Lalín vén de facer pública a programación para o vindeiro mes, con «actividades para todos os públicos que dinamizarán a vida social e cultural do municipio». Comezará «forte» o venres 4 de xullo con dous eventos musicais: o concerto de clausura do campamento musical de Vilatuxe, ás 20:00 horas no Quilómetro Cero de Lalín, e o de Castro e Escoltas, ás 21:00, na rúa Rosalía de Castro.
O programa inclúe Feiradeza, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de xullo no Lalín Arena. O programa de actividades desta cita gandeira presentarase en vindeiros días.
A música continuará sendo protagonista o domingo 6 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Lalín coa Tarde de Cine a cargo da Banda de Lalín. O venres 11, ás 21:00, a rúa Rosalía de Castro acollerá o concerto Gold & Gold. O domingo 13, á mesma hora, no Auditorio de Lalín, haberá concerto da Banda de Música de Vilatuxe. E o venres 18, ás 21:00, na Praza da Igrexa, poderase gozar do concerto de Quinkillada. Amais, Lalín acollerá o Clarinet Fest do 28 de xullo ao 1 de agosto, con concertos ás 21:00 en varias localizacións do casco urbano.
A formación e o debate tamén terán o seu espazo. Do 8 ao 11 de xullo, o Edificio Sociocultural Manuel Rivero acollerá o curso de verán Novas Fronteiras na Igualdade. Os días 21, 22 e 23 de xullo, na Aula Uned, impartirase outro sobre O valor da monarquía parlamentaria.
O Museo Ramón Mª Aller será escenario de diversas actividades. O 9 de xullo, ás 20:00, haberá unha actividade Starlight e a conferencia Roteiro Estrelas. A exposición inaugural de Nolo Suárez terá lugar o día 31 de xullo ás 20:00.
Os máis pequenos e as familias poderán gozar o 10 de xullo, ás 19:00, nos xardíns da Estatua Loriga co espectáculo O Galo Quirico, a cargo de Viravolta Títeres. E os amantes da maxia terán unha cita ineludible o 24 de xullo, ás 19:00, na Praza da Igrexa co espectáculo de Joshua Kenneth.
Ao longo de todo o mes, haberá campamentos e apertura de espazos como a piscina exterior, Pozo do Boi, o Pazo de Liñares e o Museo, entre outros, que complementarán a oferta. Desde o Concello de Lalín convídase a veciños e visitantes a participar activamente nesta programación que busca dinamizar o verán lalinense e ofrecer opcións de ocio e cultura para todas as idades.
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Turistas maleducados
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las nuevas comandas: café con gato