A Estrada e Rianxo únense para celebrar o Ano Castelao da Xunta
Ambos concellos colaboran para recuperar tamén a figura da súa dona, a estradense Virxinia Pereira

Louzao e Bustelo, xuntos no consistorio estradense.
REDACCIÓN
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantivo co seu homólogo de Rianxo, Julián Bustelo, co obxectivo de establecer unha colaboración entre ambos concellos para conmemorar o Ano Castelao. A proposta xorde a partir da unión persoal e simbólica entre o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a estradense Virxinia Pereira.
«Somos dous concellos unidos por esta parella», afirmou Louzao, quen salientou a importancia de reivindicar tamén a figura de Pereira, frecuentemente esquecida. O alcalde explicou que, a pesar de que A Estrada centra este ano a súa actividade cultural na homenaxe a Avelina Valladares, non podía quedar allea á celebración do Ano Castelao proclamado pola Xunta de Galicia para o 2025, dada a pegada que o autor deixou no municipio.
As áreas de Cultura de ambos concellos xa traballan conxuntamente para artellar unha programación que non só valore a obra e compromiso social de Castelao, senón que tamén recupere e divulgue a memoria de Virxinia Pereira, compañeira de vida.
A pegada de Castelao na Estrada é evidente, con múltiples referencias patrimoniais na súa obra, como pazos, cruceiros, pontes ou a Estela de Ouzande. O autor casou con Pereira na igrexa de San Paio no ano 1912, tras coñecela nos seus anos como estudante en Santiago.
Ambos repousan hoxe no cemiterio de Figueiroa, grazas ao labor da Asociación de Amas de Casa da Estrada, encabezada por Noni Araújo, que conseguiu o traslado dos restos mortais desde Madrid e Vigo, respectivamente, para devolver á parella ao seu lugar de orixe, e recuperar a súa memoria.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»