Sardiñas, música, e meigas fóra!
Centenares de fogueiras e reunións iluminan a noite para dar benvida á época estival

Ambiente no Areal de Berres. / | Bernabé/ Javier Lalín
A noite máis máxica do ano volveu prender con forza nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. A pesar de que a tradición marca o 23 de xuño como data para celebrar o San Xoán, moitas entidades adiantaron os seus festexos ao fin de semana para facilitar a participación veciñal. O resultado foron múltiples celebracións con cacharelas, sardiñas, música e rituais ancestrais que xuntaron a veciños e visitantes ao redor do lume.

San Xoán na Avenida de Buenos Aires, en Lalín. |
En A Estrada, a cita máis multitudinaria tivo lugar a pasada noite no Areal de Berres, onde centenares de persoas se uniron á festa, con pulpeiro, sardiñas, barra e as actuacións musicais de Latexo e Supermiafiori. O momento culminante foi, como cada ano, o prendido da cacharela, que se fixo agardar ata a medianoite e mantivo en vilo aos asistentes.

Encendido do lume sagrado no Pico Sacro.
Tamén en A Estrada se celebrou unha animada noite de San Xoán na rúa da Cañoteira, onde máis dun cento de persoas participaron nunha cea con menú pechado —con sardiñas, empanada, churrasco, postre e café— a un prezo reducido para socios. A cerimonia do lume correu a cargo do grupo As Lerchas, e foi acompañada da tradicional queimada. A velada estivo amenizada pola música en directo de Lume na Lareira, que puxo a banda sonora a unha noite de purificación e celebración.

San Xoán da Cacharela, Lalín. / Cedida
Non faltaron tampouco as iniciativas hostaleiras, como a dos locais da Zona dos Viños, que ofrecían sardiñas gratis con cada consumición durante o domingo, creando un ambiente festivo ao aire libre. Mentres tanto, membros da Asociación Fervenza de O Castro de Callobre participaron no encendido do Lume Sagrado no Pico Sacro (Boqueixón). Alí, nunha cerimonia de inspiración celta, a «a raíña Alda» e o seu druída acenderon o lume concentrando a luz solar nun pebeteiro, simbolizando o comezo do solsticio e do ciclo do lume que alimentará outras cacharelas.

Veciños na cea das Baratas, Silleda. / Xan Salgueiro
Xa na comarca do Deza, a vila de Lalín viviu un San Xoán especialmente concorrido. O San Xoán da rúa da Cacharela congregou a medio millar de persoas. A celebración, que comezou ao mediodía cunha misa baixo a Lela, continuou pola noite cunha cea popular con música de Pachi Show, para rematar co encendido do lumeiro. Como en anos anteriores, os fondos recadados polos menús foron destinados a ONGs locais.

Saltando a fogueiro no Areal. / Bernabé/ Javier Lalín
A maiores, os maiores da residencia das Dores tamén gozaron da súa propia celebración, demostrando que a maxia desta noite non entende de idades.

Sardiñada popular na Zona dos Viños. / Cedida
Outros barrios tamén se sumaron á celebración, como os veciños da avenida de Buenos Aires o domingo, que, coa colaboración do Restaurante Kilómetro 0, reuniron máis de 200 persoas para compartir 300 chourizos, 25 quilos de sardiñas e outros tantos de torresmos. Cada quen levou da casa as sobremesas, mentres que o viño, cafés e licores correron por conta dos participantes.

Os maiores saltan a fogueira na residencia das Dores de Lalín / Cedida
En Silleda, destacou unha das celebracións máis emblemáticas: o San Xoán das Baratas, que cada ano crece en asistentes.
Por último, en Forcarei, a praza da Igrexa acolleu unha sardiñada popular organizada polo Concello.
Un ano máis, na Noite de San Xoán, cando o sol se deita tarde e o lume se ergue alto nas eiras e nas rúas, o tempo semella deterse. É unha noite onde a realidade se mestura coa lenda, na que as almas se purifican co sal das sardiñas, a calor das cacharelas e os desexos que voan co fume cara ao ceo. Marca o paso do solsticio, a entrada no tempo do lume e da colleita, e con ela esperta unha antiga memoria. Porén,. San Xoán é, sobre todo, un ritual colectivo de luz e esperanza, un berro de vida ao comezo do verán, cando os medos arden e os soños renacen entre as lapas.
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Turistas maleducados
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las nuevas comandas: café con gato