Domingo de San Xoán en Trasdeza
Os veciños de Saídres celebran a súa festa e SIC organiza o «Paseo das sete fontes»

Procesión coa Artística de Merza en Saídres. | |

A celebración do San Xoán estivo moi presente onte en Silleda. Os veciños da parroquia de Saídres celebraron as súas festas, cunha efeméride moi especial, e un grupo de persoas participaron no Paseo das sete fontes no que se andivo á procura de herbas para a noite máxica de hoxe.

Bernabé/Ángel Abeledo
As festas en Saídres comezaron xa o sábado, con misas, sesión vermú e verbena, mais onte era un día especial. A comisión celebrouque se cumplían cen anos da actuación da Banda Artística de Merza e a veterna agrupación musical desta parroquia cruceña volveu tocar no campo da festa. Foi despois da misa de Corpus, coa sesión vermú, cando os músicos ofrceron o primeiro dos recitais da xornada. A comisión decorou o campo con imaxes antigas; entre elas unha reproducción do cartel de hai un século. «A las seis de la tarde hará su entrada la afinada banda de música de Merza, tocando hermosos pasodobles». Deste xeito anunciábase a presenza desta prestixiosa banda. A Artística volveu tocar na verbena, que rematou coa intervención do dúo Punto Zero.
SIC Iniciativas Culturais e os veciños do barrio das Baratas organizaron a ruta para buscar herbas de San Xoán, un trazado de oito quilómetros e 50 asistentes, con saída ás 19.00 horas da Praza Benito Rivas. O recorrido foi polas fontes de Abaixo, O Foxo, Toxa, Toiriz ou Campo, semellante ao que se fixera nos anos 2022 e 2023. Ademais das herbas, cada participante levou unha botella para enchela coa auga destes mananciais.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada