O Corpiño na obra de Cela
daniel gonzález alén
O Santuario do Corpiño e a súa soada e concorrida romaría que os vinderios días 23 e 24 celebra a grande romarìa anual,teñen sido tratados en numerosas publicacións escritas en libros, prensa, revistas e tamén nos medios audiovisuais, a través de documentais, programas de radio e televisión, dende hai máis de cen anos, algúns deles da nosa autoría ou coa nosa colaboración.
O escritor e premio Nobel, Camilo José Cela (Iria Flavia, 1916 – Madrid,2002) na súa novela Mazurca para dos muertos (1983), ambientada nas veciñas terras de Piñor [de onde era o seu avó paterno], de Cea, Dozón e tamén nas de Lalín, dedica media páxina ao Corpiño, santuario ao que en tempos concorrían os que padecían o meigallo, a diabólica posesión ou ramo cativo e outros trastornos ou males do espírito e do corpo, e agora váiselle pedir á Virxe todo tipo de favores e milagrosas curacións. Narra Cela na citada obra con certo detalle as prácticas ás que é sometido un paisano para libralo da diabólica posesión, que aquí recollemos literalmente: ... Este año no va mucha gente a la romaría de Nosa Señora do Corpiño en Santa Baia, más allá de Lalín, éste es un año de muertos ignorantes, de presos atónitos y de nómadas con la brújula del corazón partida, este año van menos endemoniados y más guardiaciviles, se conoce que nos cambian las costumbres, también van menos feriantes y gaiteiros. —¿Se puede tocar la gaita? —Mientras sea de día, sí. Debajo de un carballo cumplido una roseira golpea con el rosario a un mozo inocente para que vomite el demonio. —¡Porco, que quéreste quedar co demo dentro! ¡Bótao fora! ¡Satanás, demo cabrón, sal pra fora do corpo de este homiño!...
Oito anos antes, no 1974, publicamos nós un artigo na Gran Enciclopedia Gallega, na que colaboramos coas entradas referidas á comarca do Deza, dedicado ao Corpiño, no que logo de recoller a historia e a lenda do afamado santuario, sinalabamos respecto ao ritual: ...Antaño las rosareiras (vendedoras de rosarios) ayudaban también a expulsar el demonio del cuerpo de los endemoniados, dándoles trallazos con los rosarios e insultándoles con blasfemias e imprecaciones, como esta: ¡Porco!, Quéreste quedar co demo dentro. ¡Bótao fóra! ¡Lucifer, maricón, sale pra fora”...
A escena, que referimos na Gran Enciclopedia Gallega, foranos relatada a principios dos anos setenta polo exalcalde de Lalín, Alfonso Garra Goyanes, sendo el mesmo testemuña, segundo nos contou, deste episodio que recollemos textualmente deste vello informante, de quen naquel tempo botamos man en moitas ocasións, polos seus coñecementos e a abundante documentación das terras de Deza que gardaba.
Como se pode comprobar, Camilo José Cela recolleu case textualmente o que publicamos na Gran Enciclopedia Gallega no ano 1974, que nós mesmos volveriamos a transcribir no libro A comarca do Deza en 1989 e despois algúns escritores e xornalistas en distintos medios, sen que ninguén citara a procedencia. O mesmo texto foi recollido polo escritor de Padrón nun dos artigos da serie El juego de los tres madroños, publicada no xornal ABC a primeiros dos anos oitenta.
Plaxio
Se por plaxiar se considera «copiar unha obra allea, literaria ou artística, ou parte dela» pódese dicir que o laureado escritor e premio Nobel, plaxiou o noso artigo, mais non imos denunciar, nen sequera nos imos queixar. Por contra, é un orgullo para nós que o insigne Camilo José Cela botara man do noso traballo nunha das súas principais obras. No mesmo libro Mazurca para dos muertos, menciónanse nomes de persoas e lugares da nosa comarca que deixamos para outra ocasión. Tamén na obra Del Miño al Bidasoa (1952), refírese ao noso pobo nestes termos: En Lalín el vino no se pide por tazas sino por cuncas, por hermosas cuncas en cuyo blanco vientre de loza caben media docena de tazas bien cabidas.
Das referencias á nosa comarca e da presenza de Cela como pregoeiro na Festa da Empanada da Bandeira, vila na que se lle erixiu un monumento e se lle dedicou unha rúa no ano 1984, poderíase escribir outro artigo, que tentaremos nós mesmos ou outros que teñan máis tempo e sabenza.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados