A singular homenaxe de Paío a Luís Areán
O artista lalinense lembra ao músico cunha montaxe con fotos tomadas nunha Algarabía

Paío brinda diante da súa obra de Luís Areán, na Praza da Igrexa. | Bernabé
REDACCIÓN
Moitos dos lalinenses que pasaban onte pola mañá pola Praza da Igrexa repararon nunha imaxe pendurada da porta dunha casa, á beira do Casino. Era a singular homenaxe do técnico municipal de Cultura xubilado Damián Paío ao músico Luís Areán con motivo do 25 aniversario do seu falecemento.
«Vin a reportaxe no FARO, que non sabía desta data, e decidir colgar unha das montaxes que teño a destacados artistas xa tristemente falecidos», comentaba Paío. A creación ten en primeiro plano unha fotografía de Luís nunha Algarabía, onde coloca o fol da súa gaita na cabeza para protexerse do sol, como se dun sombreiro se tratara. No fondo, dúas imaxes do músico tocando a frauta traveseira. Paío quixo lembrarse así, con brindis incluido, dun home esencial nos movementos culturais do municipio dezao.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles