Un premio vestido de canto ao apoderamento feminino
Nerea Pallares Vilar foi recoñecida como gañadora do García Barros pola súa novela «Punto de araña»

Imaxe da entrega do premio de novela Manuel García Barros. | Bernabé
REDACCIÓN
Nerea Pallares Vilar foi recoñecida onte como gañadora do XXXVII Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) pola súa obra Punto de araña. Foi nun acto público no que os asistentes recibiron un exemplar do libro, que xa se pode atopar nas librerías.
Tal e como manifestou o alcalde, Gonzalo Louzao, no seu discurso, en Punto de araña «entrelázase o realismo social, a memoria colectiva e elementos mitolóxicos para relatar a rebelión das mulleres dun pobo mariñeiro. A peza está ambientada en Camariñas e, sen perder a esencia das súas orixes, entrelaza vidas e xeracións para abordar temas como a resiliencia, a sororidade, a violencia patriarcal, precariedade laboral ou a importancia dos coidados».
A novela arranca cunha morte ante a que o conxunto dunha patriarcalizada sociedade non responde. Son as mulleres as que toman a iniciativa, nunha “verdadeira revolta comunal dende a tradición á modernidade”. “E todo isto recreado nun contexto como é o de Camariñas, feito que lle dá aínda máis poder, polas súas mulleres afoutas”, subliñaron no seu día desde o xurado do García Barros.
A obra gañadora deste ano preséntase pois como unha reivindicación do poder feminino e do poder da muller na sociedad. «A suma do nome de Nerea á nómina de premiados do García Barros é un canto ao apoderamento feminino no escenario das letras galegas», manifestou Louzao, quen recordou que A Estrada está tentando saldar neste 2025 unha débeda histórica coa figura de Avelina Valladares, a protagonista do Ano Cultural.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»