Científicos da UVigo investigan nos Sobreirais do Arnego

Visitan a parcela custodiada polo coletivo ecoloxista Adega neste espazo protexido dentro do proxecto internacional EVOLBIOME

Dúas investigadoras, esta semana en Zarra da Pena. |  FdV

Dúas investigadoras, esta semana en Zarra da Pena. | FdV

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

Investigadores da Universidade de Vigo visitaron esta semana Zarra da Pena, a parcela custodiada pola AAsociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) nos Sobreirais do Arnego, dentro do proxecto internacional EVOLBIOME, que ten como obxectivo o estudo da coevolución de plantas e microorganismos.

En concreto, os biólogos María Gómez Brandón (GEA-Uvigo) e Celestino Quintela Sabarís (BEV1-UVigo) están a realizar análises en diferentes tipos de bosques e cultivos forestais na Galiza, mediante as mostraxes de solos, raíces, cortiza, madeira e follas para estudar as comunidades de microorganismos en cada un deses compartimentos biolóxicos. As recollidas na Zarra da Pena e noutras localidades galegas serán enviadas ao IRNAS-CSIC (Sevilla), onde serán analizadas xunto con mostras recollidas por outras científicas en diversos lugares de África, América, Asia, Europa e Oceanía.

As investigadoras da UVigo agradecen á organización ecoloxosta por permitir realizar este estudo na Zarra da Pena e por conservar os bosques autóctonos, que serven como laboratorios naturais que nos axudan a comprender mellor o funcionamento da natureza.

Acordo en 2018

Noutro orde de cousas, hai que indicar que Adega asinou no ano 2018 un acordo de custodia do territorio coa familia propietaria da Zarra da Pena, unha finca privada no corazón da Zona de Especial Conservación Sobreirais do Arnego. Nesta parcela, na que aínda se conserva unha boa representación dos sobreirais que nun tempo ocupaban a zona, Adega está a desenvolver numerosas accións de estudo e conservación, así como labores de restauración.

Unha das liñas de traballo reflexado, neste e noutros acordos de custodia do territorio de ADEGA, é o estudo e investigación dos ecosistemas, co obxectivo de poder tomar decisións para unha xestión máis ecolóxica. Neste sentido, a asociación autonómica acolle, a través do Proxecto FLuviatilis no que participa, numerosas xornadas de ciencia cidadá da man de persoas expertas en diferentes campos, ademais de dar espazo ás tarefas de investigación deste proxecto da Universidade de Vigo ou do proxecto SPIDCHANGE da Universidade de Barcelona. Outra das actuacións a destacar é o estudo das comunidades de quirópteros realizados canda á empresa SOREX Ecoloxía.

A custodia do territorio ofrece, pois, a posibilidade non só de propoñer accións de conservación, senón tamén de promover a investigación, unha experiencia multidisciplinar que está a converter o Proxecto da Zarra da Pena nun referente de estudo e conservación na Península Ibérica.

Tracking Pixel Contents