De Ninghures, Ailá ou Quinkillada actuarán no Corazón da Artesanía
Completan o cartel Cantigas e Agarimos, Os do Fondo da Barra, Bico da Balouta e Charanga Os Pendellos | A cita será do 4 ao 6 de xullo

Formación do grupo De Ninghures.
Ailá, De Ninghures, Quinkillada, Cantigas e Agarimos ou Os do Fondo da Barra, Bico da Balouta e Charanga Os Pendellos actuarán no XII Corazón da Artesanía, que se celebra en Agolada do 4 ao 6 de xullo. Organizado pola Fundación Artesanía de Galicia, é un encontro multidisciplinar orientado a divulgar, enxalzar e contribuír ao desenvolvemento integral dos oficios artesanais, especialmente os máis tradicionais, e da propia marca.
A programación musical comezará o venres 4 ás 22:30 horas na Praza do Concello de Agolada, unha vez rematado o horario de apertura da feira, coa actuación de De Ninghures, un dos referentes da escena do folk galego actual que foi recentemente galardoada co Premio Martín Códax da Música Galega. A banda fusiona a música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí. Presentará Feira, o seu último espectáculo.
Tamén na Praza do Concello terán lugar, o sábado 5, as actuacións de Ailá, ás 13:30, que presenta o seu disco Tradimensional, e Quinkillada, a partir das 22:30. Ailá é unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e culturas, sendo un dos representantes máis novos do tradi, un xénero que excede o musical no que a danza e a música pasan a converterse nun xeito de entender a vida e de estar no mundo. Quinkillada defínese como a xuntanza da maxia da verbena galega coa forza dun festival; en Paso a pas continúa a reivindicar a verbena galega cunha posta en escena renovada. O sábado ás 17:00 horas tamén está previsto un pasarrúas a cargo de Bico da Balouta e ás 20:00, unha actuación da Charanga Os Pendellos no recinto.
Desfile final
A última xornada, domingo 6, contará coa actuación de Os do Fondo da Barra, a partir das 13:30 na Praza do Concello; grupo xerado no seo da Asociación Cultural Xacarandaina, presentará o seu disco Bânzó, que engloba temas tradicionais e populares dándolles un tratamento folk actual. Nel pódense escoitar cantos de taberna, mariñeiros e de acompañamento ao baile, utilizando distintos instrumentos de percusión de man e outros como acordeón, gaita, saxofón, tamboril ou bombo con pratos turcos. A programación musical pecharase cun desfile e a actuación da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, a partir das 19:00 horas do domingo.
Nesta edición participan 56 artesáns de 26 oficios, entre os que se atopan 41 expositores de Artesanía de Galicia e 14 docentes de cursos especializados e obradoiros abertos, xunto con 33 empresas de produtos gourmet. Haberá tamén showcookings a cargo de prestixiosos cociñeiros. O horario de apertura da feria será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 as tres xornadas.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada