25 anos sen o «militante da alegría»

O músico Luís Areán foi actor principal da cultura e do movemento social lalinense

Dhais, no Celtic Conection, no 
ano 2000.

Dhais, no Celtic Conection, no ano 2000. / Cedida

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

Cando alguén baixaba ao Barriga Verde con Luís podía tardar media hora en sentarse con el. Neste imprescindible local da noite lalinense ou en calquera outro repetíase esta situación, pois era habitual a súa rolda de paradas coa intención de falar con todos os que atopaba. Luís Areán Taboada, ademais dunha persoa admirable, era admirado polos seus veciños e, para os mozos interesados na música e na cultura, unha icona.

Coas súas irmáns, Carmiña e 
Luísa, no palco do campo da 
festa de Donramiro.

Coas súas irmáns, Carmiña e Luísa, no palco do campo da festa de Donramiro. / Cedida

Hai xa 25 anos que, como debuxara o seu amigo Guillermo Aymerich nun cartel da Foliada, a súa frauta traveseira deitouse para mirar cara o infinito. Todas as perdas inesperadas son difíciles de tragar, mais esta, nun accidente, supuxo unha navallada para os seus e os centos de amigos dun rapaz que destinado a ser músico. Na súa familia dos Neira de Donramiro había varios; entre eles, seu pai, Gonzalo, ou seu tío Manolo.

Co seu amigo Alberto Granja, KG, 
no Barriga Verde.

Co seu amigo Alberto Granja, KG, no Barriga Verde. / Cedida

A Banda de Lalín, Dhais, Froitos do Deza foron algúns dos proxectos musicais nos que participou activamente. A Algarabía , a Foliada, o universo do teatro de marionetas, outras das iniciativas nas que este militante da alegría traballou. Con Zalo Martínez, Quim Farinha, Manuel Amigo, Mareque, Mario, Manolo Docampo, Isidro, Paco, César Morais, Pablo Caramés e outros convertiron a Dhais nun grupo de culto. Os concertos de Santiago, Lalín e Vila de Cruces, nos que o grupo interpretaba temas do seu último disco, Arman Vela, aínda son lembrados polos seus incondicionais.

Froitos do Deza nunhas festas das Dores.|

Froitos do Deza nunhas festas das Dores. / Cedida

A militancia na campaña da Coordenadora Anti-OTAN de Lalín [compuxera o tema O xílgaro], a política e sempre activo na asociación cultural O Naranxo coa que, canda outros lalinenses, impulsara A Algarabía; un proxecto transgresor nunha vila en parte aínda en branco e negro.

Luis, co micro na man, nunha Algarabía.

Luis, co micro na man, nunha Algarabía. / Cedida

Insignia de Ouro do Padroado Cultural de Lalín, un grupo de amigos organizoulle unha homenaxe a finais de novembro no que se descrubrira unha placa no templete da Praza da Vila, tributo que semella escaso. Entusiasmado celtista [no fol da súa gaita lucía uhna insignia do Celta de Vigo] pasaron 25 anos da viaxe dalguén irrepetible.

Placa no palco da música da Praza da Vila.

Placa no palco da música da Praza da Vila. / Bernabé

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents