Silleda reeditará o sábado 5 de xullo a súa Espetada Musical
Non é necesaria reserva previa, pois os tíckets para os espetos e os cócteles estivais venderanse na propia festa | Convidan á veciñanza a acudir coas súas galas «máis rechamangueiras»

Presentación do cartel da segunda edición do evento, na propia Praza Siñor Afranio. / Xosé Filloy
Silleda acollerá a II Espetada Musical o 5 de xullo. Esta cita, que botou a andar o ano pasado, é unha proposta festeira feita pola veciñanza e para a veciñanza de Silleda, coa que os seus promotores esperan darlle «un ambiente festivo e bailongo» ao serán do primeiro sábado de xullo. «Logo do éxito e do bo ambiente que conseguimos o ano pasado, non era plan deixalo quedar así e por iso recuncamos este ano na mesma teima», manifesta Xosé Filloy González, presidente de SIC, Iniciativas Culturais.
A Espetada Musical é unha creación desta asociación e conta coa colaboración do Concello de Silleda, a Fundación Semana Verde de Galicia e os veciños das Baratas. Desde SIC convidan aos veciños e ás veciñas a que «asistan coas súas galas máis rechamangueiras, que vistan os seus trapos e complementos máis horteras, para compartiren con nós cousas ricas e bailes pegadizos coas vestimentas máis axeitadas para semellante festa».
A celebración dará comezo ás 20:00 horas na conxunción da praza do Siñor Afranio e a rúa Cartaxena, a carón dos xardíns que hai fronte ao Concello; alí os asistentes poderán compartir unha merencea composta de espetos variados que servirán acompañados de cócteles estivais, tanto para adultos coma para crianzas, con e sen alcol. «Quen os probou ano pasado seguro, seguro que repite, e que non os probou xa está tardando!», proclaman desde a organización.
Non será necesario facer reserva, os tíckets para os espetos e as bebidas poderanse adquirir no propio lugar da festa. «Despois de enchermos o bandullo e compartirmos os cócteles de verán ao ritmo da música na praza –explican–, chegará o prato forte da Espetada: o Bingo Musical».
A diferenza dun bingo convencional, neste non se sacarán as 90 bolas de rigor, senón que irán soando na praza de xeito aleatorio 90 cancións populares e festeiras, temas moi coñecidos e que os asistentes terán que ir adiviñando e marcando nos seus cartóns. Desde a organización indican que «este ano subiu un chisco o nivel de difcultade, porque, ademais de bailar e pasalo ben, para conseguir os premios tamén hai que darlle un pouco á cabeciña, ou que?». Loxicamente, e aquí si que serán convencionais, haberá premios para os que canten dobre liña e bingo.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»