Estradenses na Copa Xunta de marcha nórdica

Oito estradenses competiron en Santiago co Nordic Walking de Vigo.

Oito estradenses competiron en Santiago co Nordic Walking de Vigo.

REDACCIÓN

A Estrada

A Alameda de Santiago acolleu a segunda proba da Copa Xunta de Galicia de marcha nórdica e o IV trofeo Open Cidade de Santiago. Oito estradenses participaron no Open baixo o paraugas do clube Nordic Walking Vigo a cargo de Nacho García con moi bos resultados. Esme Fandiño e Sonia Porto foron 1ª e 3ª, respectivamente, na súa categoría. Esta é a segunda proba na que participa este grupo. A anterior foi en Culleredo, cando Sonia Porto subeu ao segundo escalón do podio.

Este grupo formouse nun obradoiro de marcha nórdica posto en marcha no pasado mes de outubro polo departamento de Sanidade do Concello da Estrada, o que lles brindou a oportunidade de coñecer este deporte e aprender a técnica para practicalo. «É un deporte apto para todos os públicos, polo que a idade non é unha excusa e a equipación tampouco. Uns bastóns é o que precisas para practicar a técnica. Ademáis a súa práctica ten múltiples beneficios. Exercita casi o 90% da musculatura, mellora o sistema cardiovascular e activa a circulación , reduce o risco de padecer diabetes, axuda a previr a osteoporosis, mellorándoa cando xa apareceu, libera endorfinas e reduce o estrés , disminue o impacto das articulacións inferiores, cadeiras, xeonllos, reforza o sistema inmunolóxico e incluso axuda a previr e mellorar o linfedema, entre outros», explican.

Rematado o obradoiro o grupo segue quedando para practicar este deporte e descubrir rutas polo pobo. A competición só é polo de agora, unha excusa máis para camiñar xuntos e pasar un bo momento nun ambiente familiar.

Tracking Pixel Contents