Avelina Valladares volve ás aulas
Laura Filloy e Pablo López, de GCiencia, foron os encargados de poñer en marcha este proxecto educativo que colabora cos centros de educación estradenses para dar visibilidade e achegar máis luz sobre a ilustre figura da escritora de Berres, unha muller e unha artista adiantada á súa época

Os centros xa puideron dispoñer da unidade didáctica en versión impresa. | S. P.
O Concello da Estrada, grazas á axuda de GCiencia e en colaboración cos tres institutos do municipio –o Avelina Valladares, o Antón Losada Diéguez e o Manuel García Barros– presentou onte de maneira oficial a nova unidade didáctica que se centrará na figura da escritora estradense Avelina Valladares, unha das grandes esquecidas da literatura galega do século XIX, que volverá ás aulas o novo curso.
No acto estiveron presentes Amalia Goldar e Lucía Seoane, respectivas concelleiras de Educación e Cultura, xunto a Beatriz Quintela, Xabier Camba e María López, representantes dos nomeados centros. As cinco persoas mostráronse enormemente agradecidas ca labor, e esperan que os alumnos desfruten e aprendan.
Laura Filloy, xornalista de GCiencia e unha das responsables do proxecto xunto a Pablo López, explicou os detalles desta ferramenta didáctica, deseñada para a ESO, pero adaptable a primaria ou Bacharelato. «Está pensada para que o profesorado dispoña dunha ferramenta flexible, con sesións independentes que se poden adaptar segundo o que requira cada aula», detallou.
«Queremos que o alumnado vexa como as súas ideas seguen vixentes hoxe», engadiu Filloy. Esta unidade será dividida en seis sesións de 50 minutos, as cales poderán ser actividades totalmente interdependentes, permitindo ao profesorado seleccionar e mesturar contidos segundo as súas necesidades.
A primeira sesión é introductoria, centrada na biografía da «cantora do Ulla», unha muller do século XIX que viviu máis de setenta anos, unha esperanza de vida bastante elevada para a época. Inclúe un brainstorming e unha liña do tempo interactiva para captar a atención de toda clase de alumnos.
A segunda enfocarase na súa faceta máis coñecida: a poesía. Analizarase o poema A Ulla, un dos seus máis famosos, que «demostra en todo o seu esplendor o amor que sentía polo lugar onde naceu». O terceiro apartado aborda a súa faceta xornalística, unha das súas grandes innovacións ao ser «unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión en prensa escrita». Proponse a análise do seu artigo El ochavo milagroso, publicado en 1885, que critica os amuletos e é «de plena actualidade» pola súa conexión co debate sobre as fake news e as pseudociencias. O obxectivo é «traer a Avelina aos tempos de hoxe, darlle contemporaneidade e ver unha opinión que rompeu moldes».
A cuarta sesión céntrase na situación do galego, outro tema «de plena actualidade», dado que, «por primeira vez na nosa historia, a lingua máis falada de Galicia non é o galego». A autora de Berres, como Rosalía de Castro, foi unha figura do Rexurdimento e a través da análise do seu Diálogo entre un peregrino e un labrego, reflexa a diglosia e a evolución da lingua.
O feminismo e a perspectiva de xénero son elementos transversais na quinta sesión. Compárase a autora con figuras como Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, «mulleres sobresaíntes» coas que foi comparada na súa época. A diferenza é que Avelina «por diversos motivos, caeu no esquecemento» , mentres que as outras non. A sesión busca analizar a situación das mulleres de hoxe, partindo da realidade do século XIX.
A última sesión é a máis creativa e adaptable, onde se lle poderá poñer rostro a nosa protagonista, xa que nunca quixo ser debuxada ou fotografada. A ilustradora estradense Rosa de Cabanas púxolle cara na unidade didáctica, e convidarase ao alumnado a imaxinar e debuxar o seu propio rostro da artista. Filloy concluíu dicindo que a unidade busca «espertar o sentido crítico do alumnado e invitalos a reflexionar sobre temas de actualidade que poidan conectalos con Avelina Valladares». As actividades arredor da autora continuarán o día 27 na Praza do Mercado, ca obra Música dos Valladares, a cargo do grupo de Pablo Bernárdez.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada