Entrevista | Yolanda Castro Artesá de MoiNosas
«Conecto tradición e sostibilidade no meu arte»
Yolanda Castro é unha artesá de Puxallos, en Catasós (Lalín), que leva máis de cinco anos elaborado produtos naturais de cosmética e decoración. A artesanía non é o seu único oficio, xa que é mestra nun colexio e ademáis tamén imparte obradoiros de ioga, herbas e de elaboración de macramé, entre outros

Yolanda Castro tivo un posto nos recentes Encontros de Música Tradicional en Carboeiro. / XPonte
Yolanda Castro é a creadora de MoiNosas, un proxecto persoal que recolle obradoiros e un catálogo de produtos feitos á man cunha forte ideoloxía ecolóxica e tradicional.
—Que é MoiNosas?
MoiNosas é unha forma de darlle unha vía de escape á miña creatividade. Busco conectar tradición e sostibilidade para coidar persoas e entorno, con produtos e obradoiros. Cousa que teña a man, sexa unha colcha vella ou calquera elemento que estea na miña contorna, inspírame a aproveitalo e crear novos produtos, dándolles así unha segunda vida. Considero un privilexio poder ver o mundo deste xeito, porque adoro traballar coas mans
—O nome ven desa idea de conectar coa tradición e cultural, o «moi noso»?
Podería ser, pero non. Realmente é unha historia curiosa. Fai uns anos, decidimos facerlle un regalo bastante único a unha amiga polo seu aniversario. O plan era agasallar unha libraría na que encheríamos cada unha das baldas con produtos de elaboración propia: cestas de macramé, cosmética natural, cousas feitas con arxila, etc. No día da celebración, armamos o presente na rúa e agardamos a que a nosa amiga baixara. E claro, despois nunha conversa dixemos «a quen se lle ocorrería facer isto? É que somos moi nosas», e así quedou.
—Entón MoiNosas é un proxecto grupal?
Nun comezo si. Eu daquela xa daba obradoiros, entón plantexámonos facer un grupo de artesanía que viaxaría xunto onde cada unha podería vender as súas creacións. Ao principio funcionou ben, pero co tempo era máis doado organizarse xa que todas temos outros traballos e pode que elas non tiveran as miñas inquedanzas. Ao final a que quedou co nome fun eu, pero as miñas amigas seguen acompañándome ás feiras e axudándome a montar o posto e a transportar os produtos.
—Qué produtos se poden atopar no seu catálogo?
Pezas de macramé moi variadas, velas en diversos formatas elaboradas a partir de cera de abella, cosmética natural como roll ons aroma-terapeuticos ou pulverizadores con esencias. Moitos son produtos reciclados, por exemplo, os discos desmaquillantes de algodón poden ser dalgunha toalla que estivera manchada de lixivia por un lado, pero que tivera algo de tela que se pode salvar coséndoa. Ou chaveiros feitos a partir de refugallo do mar.
—Entón MoiNosas no só é unha liña de produtos, parece que tamén ten unha forte ideoloxía.
Claro. Dentro do posto fago especial fincapé en que aínda que estee monetizando isto, o que se merca son símbolos de denuncia. Porque ti estás mercando uns pendentes elaborados con restos que arrastrou o mar, refugallo producido polo ser humano, e que no pasado eran outros produtos. Nas túas mans tes agora algo que che encanta, pero que alguén pensou que non tiña valor e que se desfixo del. O que quero é que no futuro manteñan esa idea e que pensen como aproveitar a xoia, a ter unha mentalidade máis ecolóxica
—E como foi que recolectou tantas disciplinas?
De moitos sitios. Por exemplo, o macramé ven de que estiven un ano viaxando de mochileira na India. A medida que ía visitando sitios, atopábame xente que coma eu estaba aprendendo o arte de tecer con nós, e compartíamos coñecementos. Despois, fai cinco anos retornei á terra, mais sentía que tiña que a facer cousas. Comecei a cultivar lufas, que son unhas esponxas naturais que vendo. Máis tarde impartín cobradoiros, e descubrín que é o que máis me apaixona. E son moi variados: dende talleres de plantas silvestres a clasesde elaboración de cestas de macramé, elaboraicón de vela sde abella, yoga da risa...
—Mais non vives disto, non si?
Hoxe en día o mundo da artesanía está moi complexo. Tes que esforzarte moito para vivir disto, e eu estou a media xornada nun colexio. Por unha parte podo desfrutar do meu arte, fago cousas por encargo aos meus achegados, desfruto coa xente que se achega aos meus postos e pregunta cousas, podo explorar novas inquedanzas, pero todo isto sen ningún tipo de fatiga. Non teño que chegar a unha cota mínima para que me compense seguir dedicándome ao que me gusta nin teño que ter unha presenza impecable nas redes, que é un traballiño máis..
—E segue desfrutando?
Claro que si. Xa só neste último ano cumprín un dos meus soños: ser convidada a Santa Ferreña. Isto era algo co que tan só podía soñar fai dous anos, e este ano estiven seleccionada para ter aí un posto. Despois, tamén adoro ver como os meus clientes crean unha conexión emocional cos produtos. Por exemplo, a lufa recórdalles a súa infancia, cando aínda se cultivaban aquí, e os sacos de sementes e incenso a olores que quizais xa non estean tan acostumados a ulir.
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- El trabajo del Aeródromo Militar de Santiago: «Si Rusia nos amenaza podemos responder en solo 15 minutos»
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Muere un motorista de O Rosal al chocar con un coche cuyo conductor se dio a la fuga
- Condenados a 22 y 15 años de cárcel los dos acusados de incendiar dos «vitrasas» en Vigo
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- «Nunca hemos querido ser un festival grande, pero sí un gran festival»