Lalín honra ao seu canteiro maior
Amigos da Obra de Wily homenaxeou a Vidal Payo polo 110 aniversario do seu nacemento

Un momento do acto, onte, no Café de Mili de Lalín. | Bernabé/Javier Lalín
REDACCIÓN
Vidal Payo, o canteiro lalinense máis internacional, foi homenaxeado onte co gallo do 110 aniversario do seu nacemento, en Alemparte. O acto foi organizado pola asociación Amigos da Obra de Wily no Café de Mili da rúa Principal.
Alí lembrouse a mostra Vidal Payo. Unha vida en Pedra, onde o artista deu un discurso e, 28 anos máis tarde, os seus fillos recólleno nun libro, publicación de carácter divulgativa.
Tamén se estreou a mostra Cousas de Vidal Payo, autoría do seu fillo Paío, e a música correu a cargo do gaiteiro Plácido Rozas. Trala intervención de Xosé, outro dos fillos do homenaxeado, os presentes puderon escoitar a Lucía Espiño, Alba Payo, Lara Rodríguez Peña e a Celso Fernández Sanmartín. A presidenta da asociación convocante, Cruz Taboada, foi a encargada de abrir o acto.
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Turistas maleducados
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»
- Málaga valora renunciar al Mundial 2030, A Coruña se encuentra «en serio riesgo» y Vigo avanza
- Boris Izaguirre se deja enamorar por Baiona acompañado por Rafa Durán: «Manché con un percebe a Fraga»
- La embajada de Israel, sobre la expulsión de los israelíes en Vigo: «Una Europa en la que los judíos tienen miedo de hablar hebreo»