Lalín de Arriba volve a poxar

O histórico barrio recupera a tradición despois de dez anos

O año foi a estrela 
da almoeda. 
|  Bernabé/ Ángel Abeledo

O año foi a estrela da almoeda. | Bernabé/ Ángel Abeledo

Antía Suárez

Antía Suárez

Lalín

Un año, un galo, dentes, ovos, uns chourizos, un quico, uñas e incluso un lacón. Estes foron algúns dos bens que doou a veciñanza para a tradicional poxa de carne do barrio de Lalín de Arriba, con motivo da festividade do San Antonio, patrón dos animais. Esta actividade deixárase de facer en 2015, pero este ano a comisión de festas apostou por traela de volta. O resultado foi todo un éxito, a comisión comenta que tiveron moi boa participación por parte da veciñanza e da xente que se achegou.

Acudiu á poxa 
toda a veciñanza. 
|  Bernabé/ Ángel Abeledo

Acudiu á poxa toda a veciñanza. | Bernabé/ Ángel Abeledo

A almoeda celebrouse, como ven sendo costume, dende un balcón da Casa da Meiriña. Antonio Taboada foi o responsable de mostrar os distintos animais e produtos, e algún tivo que concursalos en máis dunha ocasión. O catálogo recolleu dende pezas curadas da pasada matanza do inverno a animais e produtos frescos. A poxa comezou cunha ducia de ovos, pola que se chegaron a pagar 20 euros. Isto débese a que moitos dos veciños doaban as poxas que gañaban para axudar a recadar, algo que ven sendo común nesta tradición. Houbo varios produtos que tamén chegaron a prezos altos, como un dente de porco que se vendeu a 35 euros. O maior éxito foi o año, que tivo un valor final de 120 euros. A maiores da poxa, moita xente tamén asistiu á festividade coas súas mascotas para que o santo as bendicira. Trátase dun costume que se facía con animais de traballo e que hoxendía congrega a cans e outras.

Tras o rotundo éxito da xornada de onte, a comisión asegura que vai manter esta actividade dentro do programa en vindeiros anos. «O noso obxectivo non era recadar cartos, que tamén, senón recuperar unha tradición que se levaba sen facer máis de dez anos», explica Gúmer Portas, un dos organizadores. Tanto a procesión e como a sesión vermú tamén foron un éxito, e a actuación da Banda de Lalín foi un gran atractivo para novos e maiores. A comisión xa está pensando no próximo: a festa dos Remedios. «As novenas lévanse facendo dende sempre, pero agora queremos traer de novo a festa, con música, con actividades, é dicir, máis veciñais», apuntan.

Tracking Pixel Contents