Cortes de tráfico toda a semana en Teo polas obras da AG-59
REDACCIÓN
O avance das obras de prolongación da autovía AG-59, que conectará Santiago e A Estrada, provocará afectacións ao tráfico na AC-241, ao seu paso por Teo, a partir desde mañá. O corte de tráfico producirase no punto quilométrico 13+250, na localidade de Vilar, con motivo dos traballos de drenaxe e reposición de servizos de baixa tensión e telefonía.
As obras comezarán mañá ás 7.00 horas co corte do carril dereito en sentido Pontevea, permitindo o paso mediante circulación alternativa regulada por semáforos. O mércores será necesario manter a interrupción durante 24 horas para o fraguado da losa de formigón. Ás 7.00 horas do xoves, o corte trasladarase ao carril esquerdo, mantendose o mesmo sistema de tráfico alternativo. A circulación restablecerase por completo o venres ás 19.00 horas.
Estes traballos forman parte da prolongaciónda AG-59 entre A Ramallosa e Pontevea. A Xunta prevé finalizar este tramo de 3,5 kilómetros, que conta cunha inversión superior aos 33 millóns de euros, antes de que remate o ano.
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Se complica el fichaje de Bryan Zaragoza