Entregan os premios do concurso de feiras
Os gañadores visitan a Semana Verde, o Museo do Campo e Carboeiro

Os premiados, flanqueados por membros da asociación e dos concellos de Mondoñedo e Silleda.
REDACCIÓN
A Asociación Feiral Semana Verde entregou o pasado día 5, coincidindo coa inauguración da 47ª Semana Verde de Galicia, os premios do seu primeiro concurso As Feiras Tradicionais Galegas. O acto celebrouse no Museo do Campo e da Mecanización, trala visita que os gañadores e os seus compañeiros de clase, do IES San Rosendo de Mondoñedo, realizaron ás instalacións e, previamente, ao mosteiro de Carboeiro.
Sara Bouso Caldeira, alumna de 2º de ESO, Fernando Seco Sánchez, de 4º –que non puido asistir–, e Matías Díaz Otero, de 2º, obtiveron vales de 500, 300 e 200 euros para compras por internet e obradoiros, para eles e o seu centro, na Casa do Patrón de Doade e no Museo do Mel de Arzúa e unha visita guiada ao Museo do Campo.
O presidente da Asociación Feiral Semana Verde, José Luís Rodríguez, agradeceu a colaboración e implicación de administracións e empresas. Ao acto asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a deputada provincial Belén Cachafeiro; a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena; o director da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán; o coordinador de negocio Agro de Abanca, Alberto Silva; e os concelleiros de Cultura de Silleda e Mondoñedo, Mónica González Conde e Alberto García.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados
- «Sé que va a ser difícil, pero quiero volver a la normalidad»
- Comienza la revolución de Celta360