Unha vintena de agrupacións e artistas animarán as festas de verán de Silleda
Arrancarán o xoves 10 de xullo cun concerto de Distrito Dezaseis | Tocarán as orquestras Panorama City, Marbella, La Misión e Finisterre | Unha banda de Valencia actuará o sábado

Membros da comisión de festas e do Lacón presentaron o cartel xunto á alcaldesa e varios concelleiros.

As Festas de Verán de Silleda voltan ao calendario do 10 ao 13 de xullo con actividades para todos os públicos. Os festexos da capital municipal arrancarán o xoves 10, ás 21 horas, co tradicional chupinazo dende o balcón do consistorio, ao que seguirá o concerto da banda local Distrito Dezaseis na mesma praza Siñor Afranio. A primeira xornada rematará coa verbena a cargo da orquestra Panorama City e o DJ Casanova.
O venres 11 de xullo, festivo local no municipio, o lacón será protagonista. A exaltación gastronómica cumpre 25 anos, da man da Asociación Cultural O Lacón, e será presentada o venres 20 de xuño, a partir das 20 horas, na praza Juan Salgueiro, nun acto no que se dará a coñecer, entre outros, o cartaz desta edición especial.
A xornada festiva do 11 de xullo comezará co desfile do grupo Aires de Trasdeza ata a praza Juan Salgueiro, onde non faltará a tradicional degustación de lacón a partir das 13:30 horas. Ao mediodía haberá animación nos locais hostaleiros co grupo Mariachi Sol de Galicia. Xa pola tarde chegará a actuación da charanga Os Atrevidos e a Banda Xuvenil de Silleda dará un concerto na praza antes da cea do Lacón. A verbena do venres contará coas actuacións da orquestra Marbella e o DJ Kintana.
O sábado arrancará ao ritmo da charanga local Chourizo Criollo polas rúas da vila, a partir das 13 horas. Ás 19:30 horas terá lugar na praza Siñor Afranio o concerto da Banda de Música Municipal de Silleda, que estará acompañada pola Sociedad Instructiva Unión Musical de Montserrat, de Valencia, como formación convidada. A verbena estará protagonizada pola orquestra La Misión, que recunca por terceiro ano consecutivo, e os DJ Carlos López e Kike Varela.
O venres pola tarde e durante todo o día do sábado a rapazada poderá participar en sesións de bautismo hípico na Feira Internacional de Galicia, no marco do certame Equina.
As festas rematarán o domingo, unha xornada protagonizada polas bandas de música popular do municipio. Así, a Municipal de Silleda e a Recreativa e Cultural de Bandeira farán o pasarrúas e o concerto na praza Siñor Afranio (19:30 horas). Na misa solemne (12:30) participará tamén a Coral Polifónica Trasdeza. Para a rapazada, o domingo, ás 18 horas, chegará á Praza da Igrexa o espectáculo Superharte, con Patty Diphusa, no programa Cultura no Camiño. As festas despediranse coa actuación da orquestra Finisterre e cunha gran tirada de fogos artificiais o domingo á media noite.
O programa foi presentado onte no concello pola comisión de festas –conformada por Ricardo Espantoso, Pablo Fontao, Paula Rozas, Diego Peón, Sabela Ares, Rubén Fernández e Maino Ares– e directivos da Asociación Cultural O Lacón, que preside Arturo López. Tamén participaron a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e as concelleiras Mónica González Conde (Cultura), Estefanía Taín (Promoción Económica) e Manuel Requeijo (Transición Ecolóxica). Agradeceron o labor das dúas entidades organizadoras e a colaboración da veciñanza co petitorio, iniciado hai varias semanas.
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- «Para salir de Menduíña hay que recorrer media provincia»
- El vigués que lucha contra el reloj del cáncer: «Voy a hacer un último intento por tratar de salvar la vida a mi mujer»
- La lancha de recreo 'Faneca Brava' se hunde de madrugada en Ons
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- El barrio más joven se hace mayor: de páramo a una «miniciudad»
- Las bodas de plata de Míchel Salgado y Malula Sanz: algunos de los invitados ya están en Vigo