Forcarei coróase campión de dominó
A dupla formada por José Manuel Fiestras e José Antonio Valiñas leva o ouro no Campionato Galego

Os gañadores a ambos laterais, co trofeo.
O pasado sábado 7 de xuño foi un día inesquecible para o Club de Dominó Forcarei. A cidade de Vigo acolleu o prestixioso Campionato Galego, unha cita que reuniu a 80 parellas chegadas de todo Galicia, e mesmo de Tenerife. Nun ambiente cheo de concentración, estratexia e paixón polo xogo, a dupla formada por José Manuel Fiestras Villaverde (68) e José Antonio Valiñas Villaverde (75) proclamouse campioa galega, levando o ouro para Forcarei.
Os dous xogadores, que levan case 25 anos xogando xuntos, demostraron unha compenetración envexable, unha lectura brillante do xogo e unha serenidade que só os grandes campións posúen. Nun torneo onde o nivel foi altísimo, conseguiron gañar 7 das 8 partidas disputadas, unha fazaña que require tanto experiencia como inspiración. A súa vitoria converteuse nun motivo de orgullo non só para o clube, senón tamén para toda a comunidade local, que segue con entusiasmo os seus pasos.
Este triunfo non só lles outorga a honra de ser os novos campións galegos, senón que tamén lles garante a inscrición pagada para o Campionato Nacional de Parellas, que se celebrará na fin de semana Constitució –o 6 de decembro– en A Coruña, ademais da entrega do trofeo que xa ocupa un lugar destacado nas vitrinas do clube.
A entidade forcaricense continúa medrando e consolidándose como unha referencia no panorama galego. Con esta nova vitoria, xa son catro os campións galegos que militan no clube, sumándose á figura destacada de Osvaldo Vilariño, que conta cun impresionante palmarés de catro campionatos galegos, un deles conseguido xa baixo a bandeira de Forcarei. A súa experiencia foi sempre unha inspiración para o resto dos compañeiros.
Pero o mérito do clube non remata aí. Entre as 25 primeiras parellas clasificadas este fin de semana, cinco pertencían ao equipo forcaricense, o que reflicte o traballo constante, a dedicación diaria e o espírito colectivo que caracteriza a esta entidade. O dominó, máis alá do xogo, é unha escola de amizade, respecto e intelixencia compartida.
Por outra banda, a tempada 2024/2025 está a piques de poñer o seu broche de ouro. Será o vindeiro 21 de xuño, no Restaurante París, coa celebración do VIII Torneo Concello de Forcarei. Esta convocatoria, que xa é unha tradición, converterá por un día a vila no epicentro do dominó galego, reunindo a afeccionados e campións nunha xornada de celebración, rivalidade sa e camaradería.
Para José Manuel e José Antonio, esta vitoria é moito máis que un título: é a recompensa a décadas de ilusión, compromiso e amor por un xogo que lles deu tantas emocións. E para Forcarei, é unha mostra máis de que o talento, a constancia e a paixón tamén se xogan en parellas… e tamén se gañan.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados