O IES Pintor Colmeiro ofertará un ciclo medio de actividades comerciais

O centro educativo trasdezao recupera esta formación e contará de cara ao vindeiro curso en total con tres formacións profesionais

Alumnado de Guía no medio natural. |  Bernabé/Javier Lalín

Alumnado de Guía no medio natural. | Bernabé/Javier Lalín

Silleda

O ciclo formativo medio de Actividades comerciais retorna ás aulas do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, en Silleda. A formación, que xa levaba varios anos sendo solicitada polo centro educativo, anunciouse na orde emitida o 9 de xuño na que se actualiza a formación profesional do sistema educativo nos centros públicos de Galicia para o curso académico 2025/26.

«Este ciclo xa o tiveramos fai anos» conta Xosé Fuentes, director do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, «nos entendemos que a reinstalación da formación responde a una aposta pola continuidade dos estudos que xa se imparten no centro». No anterior curso, o instituto xa contaba con dúas formacións profesionais: o ciclo formativo básico de Servizos comerciais e o ciclo formativo medio de Guía no medio natural e de tempo libre. O primeiro trátase dun ciclo formativo básico dentro da familia de comercio e marketing, e este novo curso podería entenderse como unha forma de completar a formación cursando un grado máis avanzado.

O ciclo precisará de 8 inscricións para que se imparta no vindeiro curso, mais o centro formativo non prevé cal será a acollida da nova proposta. «Mentres que temos a certeza de encher o noso ciclo de Guía no medio natural e de tempo de lecer, que incluso chega a ter xente en lista de agarda; non sabemos como vai funcionar o de Actividades comerciais, dado aínda non tivemos tempo de darlle difusión ao curso» expón Fuentes.

Dende redes a finanzas

O ciclo medio Actividades Comerciais terá unha duración de dous anos, será de réxime ordinario e estará destinado ás persoas que queiran desempeñar oficios como actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, como retallistas, en centros de distribución comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos.

Esta é unha das 32 formacións que se impartirán no vindeiro curso na territorio Deza-Tabeirós. Os centros que ofertan ciclos formativos básicos, medios e superiores son o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro en Silleda, IES Marco do Camballón en Vila de Cruces, IES Laxeiro e IES Ramón Mª Aller Ulloa en Lalín e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez en A Estrada. Entre os diversos ciclos atópase formación en finanzas, soldaduras de caldeiras, servizos administrativos, automoción, informática e atención a persoas en situacións de dependencia, entre outras.

A maiores, haberá ciclos de especialización media e superior no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez e no IES Laxeiro.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents