O Avelina Valladares outorga o premio anual IES-G a Exprés de Vea

As alumnas do xurado, onte, outorgando o galardón.

As alumnas do xurado, onte, outorgando o galardón.

REDACCIÓN

A Estrada

O IES Avelina Valladares concede o X Premio IES-G á empresa Exprés de Vea polo seu uso exemplar do galego en todos os seus servizos. O xurado, composto por alumnado de cuarto da ESO, valorou tanto o seu compromiso lingüístico como a súa traxectoria de máis de 60 anos como empresa familiar vencellada á comunidade. Tamén se destacou o seu papel como referente que converte o galego nunha lingua viva e próxima. O premio entregarase na gala Revista Viva. Nós de Nós, o vindeiro martes 17 no Teatro Principal.

Exprés de Vea forma parte activa da vida escolar do centro. Con este galardón recoñécese un labor constante que une identidade, servizo e cultura.

Tracking Pixel Contents